Portada Norte
"No extremo norte do cruceiro consérvase a antiga fachada, na
que se diferencian con claridade as dúas grandes etapas construtivas: ata a
altura das tribunas pertence á románica; e cara a arriba, á gótica. Unha
pequena cornixa sen decorar reforza a separación entre ambas as dúas. A rúa central da fachada, limitada por
contrafortes prismáticos, corresponde á nave maior do cruceiro. A organización
adoptada non se repite en ningún outro edificio. A porta ábrese no eixe, ten
arquivolta tripla de medio punto e enriba da clave da chambrana colocouse unha
peza rectangular con pequenas estrías en dúas ordes; o elevado grao de erosión
que presenta levou algún estudosos, por exemplo a Costas, a pensar “nunha pedra
de labra visigótica en tres das súas caras”, que procedería dunha edificación
antiga. Neste “falso pensil”, en expresión de Bango, apoian dous arcos cegos,
de medio punto, que polo extremo estean en pilastras anexas aos contrafortes.
Máis arriba, un novo arco semicircular apóiase nos contrafortes o largo da
fachada.
Baixo este arco está unha imaxe que se cre que representa a Santo
Epitacio, mártir e primeiro bispo de Tui, segundo Sandoval.
A organización descrita parece querer evocar, en último
termo, a estrutura de dobre porta das fachadas do cruceiro de Santiago; este,
doutro xeito, parece que tamén lembra o frontispicio occidental de Lugo.
O arco superior, pola súa parte, sería unha rememoración dos
arcos grandes de descarga que albergaban determinadas fachadas relacionadas cos
seguidores do mestre Mateo; os exemplos máis coñecidos son a fachada principal
de San Xoán de Portomarín ou as fachadas do cruceiro da catedral de Ourense.
A arquivolta menor da porta norte da catedral de Tui estea
no muro e as dúas en columnas acobadadas; as súas bases e o elevado plinto
presentan tal diminución da escocia que, practicamente, desapareceu. Os capiteis ostentan follas estilizadas
rematadas en bólas. Os cimacios teñen roleos coma os dalgunhas ventas do propio
cruceiro e impostas da tribuna da catedral. As xambas son molduras e as
ménsulas decoradas con bóvidos; sobre estas apoia o lintel, de aresta sogueada
coma algún bocel das arquivoltas, nas que se advirten tratamentos diversos que
case chegan a configurar un cizgaz.
Nalgúns fragmentos do muro da fábrica románica inmediatos a
esta porta vence ventas; os elementos destas sufriron graves danos, maila a que
aínda se perciben figuras de animais e humanas nos capiteis, así como motivos
vexetais e xeométricos no tratamento dos arcos e as súas chambranas. Parte
dunha antiga torre inmediata reitera as ventas cunha decoración e organización
igual ás aludidas. Nos últimos anos da Idade Media dotárona dun novo corpo de
campás.
A Sala Capitular
Ao corredor oriental do claustro gótico ábrese a antiga sala
capitular, da que quedan fragmentos da portada embebidos no muro, que as
restauracións de hai anos deixaron ao descuberto. Segundo a reconstitución de
Bango, a porta, de arco de medio punto dobrado, ía no centro con catro arcadas
a cada lado, cunha estrutura semellante ás dos claustro monásticos. Os capiteis
parece que tiñan elementos zoomórficos, aínda que o deficiente estado deles non
permite describilos. É a única catedral galega que conservou a porta medieval
desta dependencia capitular
Carmen Manso Porto e Ramón Yzquierdo Perrín. Arte. Galicia. A Coruña, Hércules,
1993. Tomo XI, pp. 244-247
No hay comentarios:
Publicar un comentario