Francisco
de Goya. El
cacharrero.
1778 – 1779. Óleo sobre lenzo. 259 cm x 220
cm. Museo del Prado.
Unha
das obras que temos que coñecer para realizar axeitadamente a proba de
selectividade é este cartón de Goya. Obra que o Museo del Prado (depositario da
mesma) entende como “sinxelo momento da vida cotiá madrileña”. Podemos ler unha
descrición máis polo miúdo na wikipedia ou en Arte historia, mais, sen dúbida,
o comentario máis completo está en Polos vieiros da arte.
Tratando de aumentar
a nosa comprensión sobre esta obra do xenial Goya, coñecida como “El cacharrero”
ou “O oleiro valenciano”, imos apoiarnos nos estudos do profesor da Universidade
de Santiago de Compostela J.M. López Vázquez, xa que para el, esta obra
representa fundamentalmente “aos que non refrean a súa ambición de bens
mundanos”. A demostrar esta interpretación alude, en primeiro lugar á tradición
artística coñecida por Goya que continuara o traballo alegórico que O Bosco
iniciaría con Carro de palla seca, na que a palla é o símbolo da non-nada que
as persoas ambiciosas buscan acaparar. Goya, en lugar do carro de palla, coloca
unha carruaxe, distinguindo graos entre os personaxes pintados. Gradación
descendente que iría desde os cabaleiros sobre o “ruedo” (unha roda da
fortuna?) ata as mulleres e o cacharreiro valenciano. Os primeiros estarían no
máis alto do cumio social e da fortuna (mírense as súas vestimentas) Os
segundos están absorbidos ou dominados pola preguiza (están recostados ou
sentados sobre o chan), acompañados por un can descansando.
O profesor López
Vázquez relaciona a presenza do can con outra obras artísticas para afirmar que
Goya estaba inserto na tradición humanística que relaciona o tema da
prostitución (localícese á Celestina ofertando os servizos das rapazas ao
oleiro) coa preguiza e a ambición desmedida ou a cobiza (explicitamente
recollida co echarpe amarelo dunha das mozas. Ademais, o desexo de vivir dun
xeito carnal, preguiceiro e avaricioso, afirma, é o que á moza á prostitución.
Tamén a posición da cacharreiro (apoiado co seu cóbado sobre a súa capa e a
palla seca) é unha mostra dese xeito de entender a vida.
Entende o profesor
López que a louza coa que se comercia, e aparente motivo central da obra, amosa
o vivir vano e impío que levará ao cacharreiro á súa perdición. Está afirmación
susténtaa sobre outros precedentes artísticos.
A falta de
moderación apréciase tamén na dama da calesa. A calesa como símbolo do cumio
social, como símbolo dos que viven a costa do próximo, levado polo seu apetito
e a súa ambición. Finalmente, poderíamos recoller unha última mensaxe de Goya
no senso de entender este cartón como un chamamento para que as xentes freen a
súa ambición, fuxindo da vida carnal, e que se debe buscar un punto intermedio
entre a vil pobreza da prostituta do primeiro término y a riqueza vana da
muller do segundo.
José Manuel B.
López Vázquez. Declaración de las pinturas de Goya. A Coruña, Deputación
provincial, 1999, páx. 154.
No hay comentarios:
Publicar un comentario