Os traballos do mestre Praxíteles foron os máis copiados da antigüidade clásica.
A súa obra, ao dicir do erudito romano
do século I a.C. Varrón era “coñecida para calquera cun mínimo de cultura”.
Tal vez as características máis salientables da súa sexan a gracia nos xestos, a suavidade no modelado, o
suave claroscuro, a “curva praxitélica,” e o culto á anatomía xuvenil duns deuses
tanxibles.
Na súa biografía hai moitos datos descoñecidos, mais sabemos que naceu en Atenas
cara ao 400 a.C., nunha familia de cidadáns acomodados. Probablemente seu pai
fora o escultor Cefisódoto o Vello. Morreu entre os anos 330 e 325 a. C.
Praxíteles preferiu o mármore ao bronce, a pesar do cal consérvanse
moitas copias das súas obras. Hai que lembrar que as pezas en bronce poden
reproducirse a partires dos moldes de fundición mentras cas de mármore teñen
a dificultade de que para copialas pola “técnica de puntos” habería que alterar
o orixinal tanto na súa pintura como na capa de cera transparente (gánosis) que
preservaba as cores e lles daba brillo. Estas dificultades na copia pode
explicar as pequenas variantes realizadas polos copistas sobre as pezas
orixinais do noso protagonista.
Como no caso doutros escultores gregos, a historia da arte
leva moitos estudos adicados a discernir a autenticidade das pezas conservadas,
tratando de distinguir entre as obras de Praxíteles , as do seu obradoiro ou as
copias romanas. Xa hai máis de 250 o propio Winckelmann publicara, na súa
Historia da Arte da Antigüiedade, o primeiro estudo ao respecto.
Formado parte do obradoiro de Cefisódoto, trasladouse, no
370, á cidade recén fundada de Megalópole, no Peleponeso, onde fixo unha vinte
obras e remata a súa formación técnica.
A obra máis antiga da que se ten a certeza da súa autoría é
un pedestal de mármore adicado ás estatuas das deusas Deméter e a súa filla
Perséfone.
O segundo orixinal conservado, por orde cronolóxica de
creación, é a basa de Mantinea, aparecida no pavimento dunha igrexa ateniense
en 1887.Trátase de Apolo e Marsias ante as Musas. Sobre o pedestal, segundo
Pausanias, estarían as representacións de Apolo, Ártemis e Latona.
O Hermes con Dioniso neno, aparecida nas escavacións alemás
do Hereneo de Olimpia, tamén é obra orixinal do escultor ateniense (hai autores
que defende que é unha copia realizada polo obradoiro dos seus fillos).
Quedará para outra ocasión un comentario polo miúdo desta
obra, non obstante podemos tirar alguhnas conclusións das características
temáticas e formais de Praxíteles:
-As súas obras presentan un predominio da visión frontal,
reforzada pola posición de brazos e pernas.
- Representa a un grupo reducido de deuses (Apolo, Ártemis,
Afrodita, Eros, Hermes, Dionisos, Deméter…) no momentos da máxima beleza
xuvenil ao tempo que renova tamén a representación iconográfica dos deuses (Afrodita
Cnidia, grazas á que conservouse o nu feminino frontal e completo, reconvertido
polos cristiáns na representación de Eva)
-Os corpos esculpidos descansan o peso sobre unha única
perna, deixando a outra lixeira apoiada sobre o chan ou cruzada, tendo que
baixar a cadeira dese lado así como o ombreiro contrario e inclinando a cabeza
ao lado da perna que descansa, polo que o conxunto corpóreo fai un “S” ou
contrapposto tal e como se iniciara aos comezos do V e que supuxera o remate do
período arcaico. A este resspecto debemos indicar a evolución do escultor.
Nalgunha das súas primeiras obras (Sátiro escanciador ou a Venus de Arlés)
apréciase o contrapposo aínda contido. Cando o “S” adquire maior protagonismo,
o que chámase “curva praxitélica ou praxiteliana”, cómpre situar un apoio á
figura que ben pode ser un tronco dunha árbore (Apolo Sauróctonos, Sátiro en
repouso), unha cerámica (Venus de Cnido) para evitar que o desprazamento do
centro de gravidade cara adiante ocasione a súa caída.
-Os corpos representados corresponde a persoas relativamente
novas, en plena mocidade, mais non como corpos musculosos. Lembremos que ata
entón era característica da escultura grega a diárthrosis ou a representación
clara das masas musculares e das articulacións. Fronte a iso, Praxíteles aplica
nas súas obras unha suave gradación nas súas partes, unha especie de “sfumato”.
-Outra característica é a permanente “gracia”, fronte a
calquera expresión radical de sentimentos, Praxíteles busca a templanza.
Imaxes:
2 comentarios:
Gran entrada sobre la escultura de Praxíteles, el escultor de la charis o elegancia clásica y la exageración del contraposto o curva praxiteliana, que hizo algunos tipos que se repitieron hasta la saciedad, como la Venus saliendo del baño. Saludos, Antonio.
Gracias, Paco. Ya te podrás imaginar cuál será la próxima entrada...
Publicar un comentario