25/7/11

Arqueoloxía romana en Sardeña

Como ben me lembra unha querida amiga que agora anda por Etiopía, hai que ter amigos ata no inferno. Pois ben, INICIARTE, ten amigos e amigas que nas súas viaxes non esquecen os intereses deste blog. O coñecido atléticamente como “Comensal austero” (motor diesel que ao que ningunha costa rebenta) tivo a ben agasallarme co libro “Archeologia e storia dell´arte romana in sardegna” da profesora Simonetta Angiolillo.

Trátase dunha fermosa publicación que percorre os principais xacementos romanas na illa ao tempo que pon en valor as estreitas relacións, políticas e culturais, co resto da civilización romana. Destácase o vencellamento cultural entre púnicos, romanos e autóctonos con evidentes probas nos eidos lingüísticos, administrativo, relixioso cultural e artístico tanto ao longo da República como do Imperio.

Simonetta Angiolillo (Torre Pellice, 1945), é profesora de Arqueoloxía e historia da arte grega e romana en Cagliari. Os seus intereses de investigación afectan principalmente a cultura artística de idade arcaica en Atenas e os carácteres e as dinámicas do proceso de romanización de Sardeña, con especial atención ao estudo do mosaico e da escultura. Dirixiu escavacións arqueolóxicas en diversos puntos de Sardeña así como en Turquía. É autora de numerosos artigos especializados e monografías.

Un fermoso agasallo. Toda unha guía de viaxe para a época romana pola Sardeña: fotografías, planos, debuxos de pontes, caalzadas, vilas, teatros, anfiteatros, vilas, mosaicos… Moitas grazas.

No hay comentarios: