11/4/10

Reconstrución en 3D do Muro de Adriano

Segundo a Wikipedia, o Muro ou Muralla de Adriano é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, levantada entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Adriano para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia tras a invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio.Hoxe día aínda subsisten importantes tramos da muralla.

Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o estuario do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con sillares de pedra, tiña un grosor de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban guarnicións en puntos craves de vixilancia, así como un foso no seu parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. Máis ao sur do camiño militar construíron outro foso con dous terrapléns de terra para protexer a muralla de ataques desde o sur. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.

A Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987.


Decimus, responsable do sitio web Ancient Vine creou unha magnífica recreación en 3D do Muro de Adriano e o Castelo Romano de Newcastle. Na súa web ofrece ademais, modelos tridimensionais para descargar e recreacións doutros lugares da Antigüiedade.



Nova vía La brújula verde.

1 comentario:

PACO HIDALGO dijo...

Interesante esta reconstrucción del Muro de Adriano. La desconocía totalmente. Un saludo.