26/3/10

Gaudí e a Casa Milá (e VII): A terraza

Aquesta ultima entrada sobre la Casa Milá està dedicada a Clariana, fidel seguidora de INICIARTE i entusiasta de Gaudí.

No cume do edificio atopamos a azotea, onde se reparten chemineas, ventiladores e saídas das escaleiras. É unha cuberta insólita con claros precedentes na cuberta do Palacio Güell, de gran forza artística e simbólica onde todo ten unha función utilitaria.


Este sorprendente conxunto de elementos arquitectónicos e escultóricos dispostos neste gran espazo, correspóndense a tres tipos de construcións: claraboias ou caixas de escaleiras, torres de ventilación e as chemineas. As seis grandes saídas da e as escaleiras van agrupadas en tres parellas. En dúas delas teñen colocadas a cruz gaudiniana (esa que tamén podemos ver na Sagrada Familia) Algunhas destas obras van recubertas do famoso trencadís (anaco de cerámica vidrada rota), tan empregado no Parque e no Pazo Güell. Os elementos menos visibles desde a rúa só están enlucidos e pintados. As barandas son ondulantes, seguindo a forma da fachada xa que o arquitecto buscou unha solución harmónica entre os ritmos da fachada e o remate da cuberta.

A terraza é coñecida como o “Xardín dos guerreiros”, unha especie de espazo onírico cuns guerreiros cos seus cascos que están acompañados polos seus escudeiros.


Fronte a unha Barcelona obreira e anticlerical (lémbrese o conflito da Semana Tráxica) Gaudí tratou de amosar a súa relixiosidade tamén nesta obra. Deste xeito podemos ler na terraza as inscrición latinas de “Ave María gratia plena, Dominus tecum”, ademais, desexou adicar o edifico á virxe do Rosario cun gran grupo escultórico, de 4 metros e medio de altura, en bronce, onde aparecería a virxe co neno no colo e os arcanxos san Miguel e san Gabriel. O proxecto fora encargado ao escultor Carles Mani pero nunca chegou a realizarse.







Bibliografía:
Joseph María Carandell. La Pedrera. Una obra de “Arte total”. 2002.
Daniel Giralt-Miracle e Fernando Marzá. Espaci Gaudí. Guía. 1998.
Gaudí X Gaudí. 2002
Descubrir el arte, nº 37, marzo 2002.

3 comentarios:

clariana dijo...

Aquesta última entrada sobre la casa Milà de Gaudí, m'ha agradat molt, és al.lucinant passejar per les terrasses de diferents nivells, que amb els seus guerrers-xemeneies otejant la ciutat i vigilant l'ondulant i fantàstic edifici et transporten a mons onírics.
S'ha parlat molt de la religiossitat de Gaudí. Pel tipus de persona que crec era, encaixa bastant, també era vegetarià. Penso que devia de ser un ésser molt sensible i diferent. Quan el va atropellar el tramvia, anava vestit tan senzill que el van confondre amb un indigent -llavors encara no existía aquesta paraula tan extravagant- i el portaran en un primer moment a un lloc que acollia a aquestes persones. Vull dir, que res a veure amb l'església jeràrquica i convencional.
Gràcies per dedicar-me aquest últim post de la casa Milà, ha estat una sorpresa molt agradable.
Et felicito per aquesta série tan interessant sobre la Casa Milà. Adéu.

Antonio Martínez dijo...

Clariana: Va ser un plaer llegir els teus comentaris durant aquestes setmanes.
Moltes gràcies

Antonio Martínez dijo...

Gracias Paco. Qué mejor forma de agradecerle a Clariana su "pertinaz" seguimiento?