24/3/10

Gaudí e a Casa Milá (VI): O sobrado

Deseñado orixinalmente para trasteiros, lavadoiros e tendedeiras, nel pódese apreciar toda a forza dos arcos parabólicos e das columnas inclinadas, que eran uns elementos esenciais nas investigacións de Gaudí.

Para acadar unha zona illante, o arquitecto deseñou un sobrado sobre o forxado da última planta pero, para non aumentar o peso do edificio, recorreu aos seus arcos catenarios de ladrillo plano. Así, este fallado está formado por unha sucesión de 270 arcos catenarios de distintas alturas sobre os que se asenta a azotea.

Na actualidade conforman o “Espaci Gaudí” é dicir, un lugar para difundir a obra do arquitecto, amosando audiovisuais, maquetas, debuxos e mobles contextualizados no seu momento histórico e cultural. A exposición permanente está dividida en dez ámbitos. É, sen dúbida, un dos lugares de máximo interese e que lembra, en canto ao material e ás formas, ao Colexio das Teresianas (1888-1889)


1 comentario:

clariana dijo...

La investigación de Gaudí en la arquitectura, con un dominio tan brillante de la geometría, ha posibilitado que muchas personas podamos gozar de esta gran obra, que no escatima en medios ni detalles.
Un arquitecto que en la construcción de una casa, es capaz de adaptarla y planificarla para no tener que destruir una gran palmera, me merece todos los respetos. Con la costumbre, en internet, se me ha olvidado escribirte hoy en catalán. Saludos gaudinianos.