3/2/10

Capela Sixtina: os segredos de Miguel Anxo


A revista Clío de febreiro 2010 publica unha reportaxe na que resume o contido do libro de Benjamín Blench e Roy Moliner Los secretos de la Capilla Sixtina (Aguilar, 2009). O libro en cuestión pretenden desvelar unhas supostas mensaxes secretas, unhas claves ocultas que o Buonarroti deixou na súa obra máis extensa.

A idea básica é que Miguel Anxo estivo moi influído pola tradición xudía, afirmación que non vou discutir (a influencia do Antigo Testamento, etc., etc.) Ademais preténdese demostrar tal afirmación cunha serie de exemplos como son os seguintes:

Na bóveda:

-Na Creación Miguel Anxo pintou a deus cunha capa que o envolve e que en realidade é un ril (‘) humano.
-Na Creación de Adán foi pintado unha sección transversal perfecta do cerebro humano (¿).
-A árbore do Pecado orixinal é unha figueira.

-No Sacrificio de Noé o artista máis sobranceiro de todos os tempos pintou a arca coma unha gran caixa (tal é como se describe na Tora) e no altar pódese ver a dous homes a caro patas revestidos coas cores vermella e amarela, propias de Roma (un suposto xeito de humillar á cidade fronte á súa Florencia natal)
No Xuízo Final:
-Sobre a cabeza de Cristo e á súa esquerda hai dous personaxes co típico chapeu xudeu de dous picos. Lémbrese que os xudeus non poden acadar o ceo pero aí están, no centro do Xuízo Final.
-Tamén á esquerda están as denominadas “Mulleres xustas” no paraíso cando aínda a igrexa discutía sobre se as mulleres tiñan alma e, se polo tanto, podían ir ao ceo.
-Logo están os “Homes xustos” que, espidos, se abrazan e bican apaixonadamente. Os autores ven aquí unha provocación de Miguel Anxo así como unha declaración da súa sexualidade.
-Cristo mira a un home (o único co que ten contacto visual) co rostro do
gran amor de Miguel Anxo, Tommaso dei Cavalieri cunhas mans en actitude suplicante.
-Miguel Anxo autorretratouse na figura de san Bartolomeu nun momento en que, segundo os autores, estaba prohibido asinar as obras.

-No inferno Buonarroti, a xeito de vinganza e denuncia, pintou no inferno aos avaros, aos culpables de simonía (representados por unha figura boca-baixo cunha bolsa de cartos coas coares de Roma) e aos luxuriosos.

O artigo remata cun texto entrecomiñado:

Miguel Anxo logrou incorporar na súa obra unha cantidade considerable de ideas atrevidas. Atopou o xeito de incluír ao seu amante masculino, o seu respecto polos xudeus, a súa indignación pola corrupción e a inmoralidade da Igrexa, incluíu técnicas pictóricas experimentais e, tamén, a súa fe neoprotestante clandestina e subversiva (…) Mentres Miguel Anxo estaba creando esta obra de arte para a Igrexa, abandonara a fe católica e subscribiu persoalmente unha crenza distinta”.

As ilustracións proceden de Miguel Angel. La Capilla Sixtina. Milán, Electa, 1999.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Que suerte, yo también me compré esta revista con el mismo artículo!!

Le echaré un vistazo cuando tenga tiempo...!!

Saluditos