Ano 2006
Data:
03/01/2009
Descrición:
Construído no século XIX sobre as ruínas dunha antiga fortificación, o Pazo de Meirás pertenceu á intelectual galega Emilia Pardo Bazán. Logo da súa morte, e tras chegar a mans da Compañía de Jesús, a propiedade situada no municipio coruñés de Sada pasou a formar parte do patrimonio de Francisco Franco, como agasallo da provincia da Coruña.
Autor:
JANET GONZALEZ VALDES
1966
Descrición:
Cambio de Garda no exterior da propiedade dos Franco no municipio de Sada. As autoridades franquistas da Coruña decidiron ofrecer o Pazo ao ditador para residencia estival, como un agasallo da provincia.
Autor:
BLANCO
Ano 1963
Descrición:
Consello de Ministros no Pazo de Meirás, presidido polo xeneral Francisco Franco Bahamonde. á esquerda aparece Manuel Fraga Iribarne
Ano 1971
Descrición:
Os Reyes de España, co seu fillo o príncipe Felipe , visitan ao ditador e a súa esposa na residencia galega.
Autor:
ARQUIVO FOTO BLANCO, ALBERTO MARTI
Ano 1978
Descrición:
Un incendio arrasou parte do interior do pazo, aínda que deixou intacta a fachada e a bioblioteca. os Bombeiros traballaron toda a noite para sacar os obxectos de valor. Aínda hoxe especúlase sobre as causas do lume.
Autor:
XOSE CASTRO (ARQUIVO FOTO BLANCO)
Ano 1996
Descrición:
Tras a morte de Franco e a chegada da Democracia, os descendentes do ditador seguiron acudindo á súa residencia. Nela celebraron algúns enlaces, como o de Arancha Martínez-Bordiú e Claudio Quiroga. O próximo 8 de agosto a familia volverá para celebrar o enlace de Leticia Giménez-Arnau Martínez-Bordiú.
Autor:
XOSE CASTRO
Ano 2005
Descrición:
Trixésimo aniversario da morte de Franco. A véspera do falecemento do ditador, a comisión para a recuperación da Memoria histórica dá Coruña protesta na porta do Pazo para reclamar que a propiedade sexa devolta á Administración Púbica.
Autor:
CESAR QUIAN
Ano 2007
Descrición:
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia concedeu recentemente a razón á Xunta ao ditaminar que a familia de Francisco Franco debería permitir o acceso dos técnicos da Consellería de Cultura ao inmoble para comprobar o Estado do edificio.
Autor:
KOPA
No hay comentarios:
Publicar un comentario