Loxicamente todo nin todo o conxunto escultórico románico nin toda a obra da fachada de Praterías foi obra dun so autor. Tampouco sería realizada nunha soa campaña.
O Mestre Estebo é o probable creador do programa iconográfico. Traballa na fábrica ata 1101. Ten as obras de maior calidade. Fai a acrótera e canzorros da capela de santa Fe, algúns fustes da porta norte e varios relevos: a creación de Adán, David, Eva co cranio, santo André. As súas figuras están caracterizadas pola carga vital, os estudos das anatomías, sempre caracteriza ós rostros cos beizos grosos, ollos avultados e carrillos inchados; o cabelo sempre con guedellas ou mechóns soltos. Os dobrados están dispostos buscando unha forma paralela e debuxando un “U” no seu conxunto.
O Mestre do Año e o mestre da Traizón son relacionables coa escola que enlaza Jaca con León, non son discípulos de Estebo pero a súa poderosa personalidade vai influír neles.
O Mestre do Año, así recoñecible por ser o autor da porta do Año en san Isidoro de León. Tamén fai o Pantocrátor da porta norte, o anxo que fai de Mateo ou a representación de Eva. Os seus volumes son moi xeometrizados e puídos; ten un monótono tratamento das anatomías e na forma de dispor os panos e os seus rostros son inexpresivos .
O Mestre da Traizón, que traballara na Porta do Perdón de san Isidoro de León. Tamén traballa no tímpano dereito das Praterías, na expulsión do Paraíso. Ten un estilo narrativo e unha clara tendencia ó vulto redondo; deixa as pupilas escavadas e os bigotes dos guías cara arriba; dobrados grosos e de sección cilíndrica.
O traballo destes dous mestres será anterior en Santiago que en León onde teñen unha obra máis evolucionada e amosan unha profunda asimilación das fórmulas de Estebo.
Bibliografía
José Manuel García Iglesias.”La Edad Media”. En Historia del Arte Gallego. 1982, Alambra.
Dolores Vila Jato. Catedral de Santiago de Compostela. 2000, Everest
No hay comentarios:
Publicar un comentario