26/12/08

As trazas na catedral de Santiago

No interesante libro de Taín Guzmán Trazas, planos y proyectos del archivo de la catedral de Santiago, se presentan os deseños de pezas que posteriormente serían construidas na catedral de Santiago. Estes trazos poderían estar realizados sobre pergaminos (ata a Idade Media) ou sobre papel (desde finais do século XVI). Mais tamén quedan exemplos de trazos feitos na pedra tal e como podemos ler no libro referenciado.



"Todas estas trazas é moi posible que fosen a tamaño real, seguindo unha técnica herdada de épocas antigas, seica dos talleres medievais das catedrais francesas. Delas existen varios exemplos no recinto catedralicio compostelán:



















-Á beira esquerda da portada de acceso ao edificio do Museo pola Praza do Obradoiro, un mestre de obras anónimo trazou sobre os sillares do muro un lintel de grandes proporcións coas doelas en cuña. As liñas caben datarse do momento da construción do edificio onde se sitúa, obra de Jácome Fernández e de 1614, e probablemente estea vinculado á xénese da porta adintelada inmediata.




















-Neste mesmo edificio, actualmente sede do museo catedralicio, no pavimento pétreo da galería superior hai outro deseño, moi esquemático, é este caso de basa dunha columna. E no lousado de dúas salas do segundo piso, ducias e ducias de monteas de cantería: infinidade de arcos, linteis, etc., e varias plantas de estilobatos coas súas correspondentes basas de columnas. Sen dúbida, estas dúas salas correspóndense co taller onde durante algún tempo traballaron o Mestre de Obras e os canteiros da Catedral, debuxando e concibindo as obras arquitectónicas da mesma. Unha terceira sala anexa, presenta unha gran hondonada cara á zona central do seu pavimento, posiblemente co fin de mesturar alí a argamasa ou o cal.


Tamén atopei restos de deseños no pavimento do triforio, concretamente nun ángulo do brazo norte do cruceiro. Son infinidade de liñas, pero entre elas destaca traza dun entablamento.



Na coñecida como Sala dos Tapices de Goya atópanse outras dúas monteas que, a diferenza das anteriores, son figurativas e de tamaño real. Trátase de dous estudos anatómicos do busto dun home visto de fronte (2,30 m.) e de perfil (2,80 m.). O segundo é moito máis completo que o primeiro, presentando a súa correspondente escala e os puntos dunha cuadrícula para debuxar o conxunto. Dada a localización do recinto cabería preguntarse se non se situaría alí o taller dos escultores ou dos pintores da Catedral.”



Texto e fotos vía: Miguel Taín Guzmán. Trazas, planos y proyectos del archivo de la catedral de Santiago. A Coruña, 1999, Deputación Provincial da Coruña.


No hay comentarios: