19/5/08

O racionalismo arquitectónico: a Bauhaus

O edificio que Gropius construíu en Dessau coa colaboración de mestres e alumnos da escola é a obra máis significativa do racionalismo alemán e unha das obras mestras de arquitectura moderna”.
Esta frase do historiador da arte G. C. Argan resume a importancia do edifico que Walter Gropius deseñou en 1923. Pero a Bauhaus non é tan só unha escola, é o mellor intento de agrupar, de aunar a produción industrial, a arquitectura, o deseño e a artesanía. É unha pretendida síntese das artes que inflúen na construción do espazo, o desexo de chegar á arte total, de feito o propio nome de Bauhaus significa “casa da construción”.


Tras a crise de valores que padeceu a Alemaña derrotada na Gran Guerra, e a necesidade de contar con edificacións novas, baratas e de calidade, levou a Gropius e un extraordinario elenco de artistas (Kandisky, Klee, Mies Van Der Rohe, Albers...) a buscar no racionalismo arquitectónico as solucións a estas necesidades materiais e morais.

Como nos lembra Argán, o conxunto está marcado polas súas fachadas acristaladas, xa que unha comunidade democrática non ten nada que ocultar. Porque, é en comunidade onde se ensina e onde se aprende. Onde os estudantes teñen que manexarse nas habilidades básicas de todos os oficios da construción para familiarizarse cos materiais e cos procesos industriais. Deste xeito conseguiuse un gran achegamento á produción en serie e revolucionouse o deseño industrial.

O edificio deseñado por Gropius serán dous “L” caracterizados pola simplicidade formal, a ausencia de elementos decorativos, polas lineas e formas rectas así como polo uso innovador de novos materiais e as grandes fachadas de vidro. A escola Bauhaus é un conxunto de edificacións (aulas, apartamentos, talleres) que rompen co concepto de simetría mais contan unha estructuración moi nítida do espazo interior: no centro sitúase a entrada principal, logo os talleres e os apartamentos. Estas seccións comunícanse por edificio de baixa altura.

Cando os nazis acceden ao poder, 1933, esta experiencia democrática foi clausurada e os seus máis destacados profesores dirixíronse ao exilio.

"O obxectivo final de toda actividade figurativa é a obra. Os arquitectos, escultores e pintores temos que volver á artesanía". Walter Gropius










No hay comentarios: