Tanto a HISTORIA, como a HISTORIA DA ARTE son enormemente machistas, en canto ciencias sociais escritas por homes e para homes. A muller non figura coa importancia social, política, económica e artística que se merece. Non é que xa sexa máis da metade da poboación senón que a súa achega a estas dúas ciencias do saber foi, é e será determinante. Na historia da arte unha das maiores inxustizas é o considerar ás pintoras impresionistas como artistas de segunda fila. Fixémonos no caso de Berthe Morisot:
Nacida no seo dunha familia burguesa, foi precisamente a súa familia quen animou a Berthe e á súa irmá Edma a iniciarse na arte.
Á idade de 20 anos, Berthe Morisot coñeceu a Camille Corot, importante paisaxista da Escola de Barbizon. Este admitiuna como a súa discípula e introduciuna nos círculos artísticos. Pronto adquiriu a técnica impresionista de pintar ao aire libre, onde creaba pequenos cadros e esbozos para grandes obras que terminaba no estudo. A súa primeira participación no Salón de París foi en 1864 con dúas paisaxes e continuou exhibindo continuamente no Salón ata 1874, ano da primeira exposición impresionista. En 1868, coñeceu a Édouard Manet e en 1874 casou con Eugène Manet, o seu irmán menor. Ela foi a que convenceu ao mestre de pintar ao aire libre e atraeuno ao grupo de pintores que sería posteriormente os impresionistas.
Do mesmo xeito que Mary Cassatt, Eva Gonzalès ou Marie Bracquemond, Berthe Morisot foi relegada á categoría de "artistas femininas" pola súa temática da vida cotiá (mulleres, nenos e escenas domésticas). Con todo, como mandaba a doutrina impresionista, Morisot pintaba a inmediatez, o que vía na súa vida normal. Como unha muller da alta burguesía, estaba habituada a escenas domésticas, deportes campestres e un amplo círculo de mulleres e nenos, xa que o mundo masculino estáballes vetado. Sen excepción, os seus cadros mostran uns temas equivalentes ao dos seus colegas masculinos. As mulleres impresionistas pintaban a súa contorna social baixo o enfoque impresionista. A pesar disto, a figura de Berthe Morisot, xunto ás doutras mestras da pintura, quedou ensombrecida polo conxunto do movemento e en especial dos pintores masculinos.
A partir de 1880, a influencia de Renoir reflíctese na súa obra. A frescura luminosa da súa paleta, a factura libre e vigorosa, así como, a atmosfera poética dos seus lenzos, son recoñecidas e admiradas.
A vida de Berthe Morisot viuse ensombrecida pola morte de Édouard Manet en 1883, a do seu esposo, Eugène Manet, en 1892, e a da súa irmá. Educou soa á súa filla, Julie Manet, con quen mantivo sempre lazos moi fortes. Ao morrer aos cincuenta e catro anos, confiou a súa filla aos seus amigos, Degas e Mallarmé. Berthe Morisot morreu en 2 de marzo de 1895 en París.
4 comentarios:
ays que burriña soy... con lo que me gusta la pintura impresionista, y no conocía a esta estupenda pintora!!!
gracias por presentárnosla.
Un saludo, Sira.
Ola Sira.
Nos vindeiros días continuarei poñendo máis entradas de outras pinturas.
Sira, non es a única...
Canto por aprender, e canto aprendemos con INICIARTE!!!
Grazas por achegarnos ao ARTE. É un verdadeiro pracer facer esta visita cotiá.
Parabéns!!!!
Con lectoras coma vós, como non vou seguir publicando entrandas de pintoras?
Calquera día poñerei dalgunha pintora galega contemporánea.
Publicar un comentario