Filla dun banqueiro norteamericano que nunca foi partidario da súa vocación artística, Mary Cassatt formouse inicialmente en Filadelfia, continuaría os seus estudos artísticos en París partir de 1868. Son anos nos que admira o realismo naturalista de Courbet. Tras unha viaxe por Italia en 1871, descubrirá toda a potencia creativa de xenios como Velázquez ou Rembrandt, polo que viaxará a España e a Holanda.
Instalarase definitivamente en París en 1877, iniciando a súa relación con Degas quen a animará a integrarse no grupo dos pintores impresionistas. A partir dese momento o seu estilo achégase máis a Renoir e a Degas, participando en catro das oito exposicións impresionistas cos seus cadros de nenos e mulleres, temas que serán os seus favoritos.
Debido á súa desafogada situación económica, Mary comprou un bo número de obras aos seus compañeiros e ata animou a algúns millonarios norteamericanos a que investisen en pintura impresionista.
En 1904 Francia concedeulle a Lexión de Honra e, aínda que foi unha peza decisiva para a difusión da obra impresionista entre os coleccionistas estadounidenses, o recoñecemento no seu país chegoulle con máis atraso que en Francia, recibindo a medalla de ouro da Academia de Arte de Pennsylvania. A partir de 1912 ponse de manifesto en Mary unha cegueira parcial que provocará a perda progresiva de visión, abandonando a pintura desde ese momento.
O estilo de Cassatt continuou en evolución, polo que deixou o impresionismo e achegouse máis cara a unha honesta e simple copia da realidade. Cara a 1886, xa non se identificaba con este nin con ningún outro movemento artístico e empezou a experimentar con varias técnicas. No seu traballo podemos observar que case un terzo das súas pinturas móstrannos escenas domésticas e retratos de nais e fillos en íntima relación. A década de 1890 foi a época máis creativa de Cassatt, ata se converteu en modelo a seguir para novas artistas americanas, entre estas destacan Lucy A. Bacon, a quen Cassat preséntolle Camille Pisarro. Tamén destaca a súa faceta como gravadora na que mostra unha marcada influencia da estampa xaponesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario