A biblioteca do IES Laxeiro de Lalín, coordinada e dinamizada por Manuel Igrexas, vén de inaugurar onte unha interesante exposición sobre os monos de Laxeiro; o que vos expoñemos a continuación é froito das súas pescudas e investigacións, así coma o texto que editou no tríptico que anuncia a exposición.
No primeiro terzo do século XX, o humor gráfico tiña unha grande importancia na prensa galega, sobresaíndo a presenza de Castelao. En todos os xornais hai un espazo reservado para as viñetas e foron precisamente estes os que favoreceron a enorme popularidade que teñen.Coa expresión monos, designábanse os chistes gráficos e debuxos: viñetas con imaxe e con ou sen texto que aparecían en todos os xornais.Laxeiro colaborou cos seus deseños na prensa da época durante unha curta etapa, quizais como un xeito de darse a coñecer como artista. O resultado foi a aparición de 49 colaboracións, entre viñetas e debuxos, repartidos entre Faro de Vigo e El Pueblo Gallego.O primeiro debuxo aparece no Faro en setembro de 1928. Neste xornal publica 10 monos durante o período que vai de setembro de 1928 a marzo de 1929. Nesta época Laxeiro, logo da súa volta de Cuba, vive en Lalín, dedicándose ao oficio de barbeiro, aínda que debuxa sen descanso a clientes e paisanos. Non é coñecido como pintor fóra do ámbito comarcal. En 1928, coñece a Manuel Colmeiro, o pintor de Silleda, a quen lle ensina os seus traballos que, segundo o propio Laxeiro, lle gustaron moito. Colmeiro xa publicara algúns debuxos no Faro e acababa de facer unha exposición en Vigo, no Salón do xornal. É posíbel que fose Colmeiro quen animara ao de Lalín a enviar os seus traballos a Faro. A fins de agosto de 1928, comeza a traballar como correspondente de Faro en Lalín o xornalista e poeta Xesús Froiz, amigo de Laxeiro, co que despois coincidiría na militancia do Partido Galeguista. Nas súas crónicas da vida de Lalín, Xesús Froiz fai gabanzas da calidade dos debuxos e retratos de Laxeiro, mesmo menciona que en outubro de 1928 estivo exposto no escaparate da xastrería El Buen Gusto, que rexentaba o seu pai, un retrato do avogado de Pontevedra Isidoro Millán feito por Laxeiro, que foi moi eloxiado por todos os veciños. Ao respecto comenta Froiz: ¿que se hace por sacar este rapaz adelante? ¿que esperan los lalinenses para sacar al Laxeiro de rapar barbas? Lalín tiene la palabra.
Non é difícil imaxinar que foi a través do propio Xesús como estas colaboracións chegan a materializarse. Moito máis se temos en conta que rematan pouco antes de que deixa a correspondencia de Faro en xuño de 1929.Quizais por iso Laxeiro empeza a colaborar cos seus debuxos no xornal El Pueblo Gallego, tamén de Vigo, que ten como correspondente en Lalín a outro seu amigo, José Mª Calviño, que curiosamente logo tamén coincidiría na militancia galeguista.En El Pueblo Gallego publica un total de 38 monos e un debuxo. O primeiro aparece en xullo de 1929 e o derradeiro en xaneiro do ano seguinte. Todos na primeira páxina do xornal, o que dá idea da estima que adquire como debuxante neses momentos. Podemos conxecturar que o artista abandona esta actividade en 1930 para concentrarse na súa obra pictórica.Algúns destes monos foron reproducidos despois noutras publicación da emigración galega en Arxentina, como Céltiga ou El Despertar Gallego.Percíbese nestes debuxos algunhas das características do que logo sería o estilo de Laxeiro. A súa formación como debuxante venlle das clases nocturnas da sección de Belas Artes da Escola Concepción Arenal do Centro Galego, e do seu traballo como proxectista de vidreiras na Habana. Algúns críticos atribúenlle precisamente ao deseño de vidreiras o gusto pola liña grosa e destacada de contorno na súa dicción plástica.
En xeral, o estilo dos debuxos é sinxelo, inxenuo e ás veces arcaizante; aínda que se percibe tamén nalgúns unha certa evolución e a experimentación de novas formas.Laxeiro tamén ten presentes aos grandes humoristas gráficos galegos que publicaban na prensa da época: Manuel Torres, o propio Castelao e Vidales Tomé son os máis importantes, os que teñen un estilo máis definido, e dos que podemos percibir a influencia nestes monos do de Lalín. Nalgúns é apreciábel tamén a pegada de Maside.Polo que respecta aos temas que trata, son na súa maioría os referidos ao mundo rural, que demostra coñecer moi ben. Son aspectos da vida na aldea como as conversas entre os vellos, as relacións entre homes vellos e mozas novas, a borracheira, a taberna, os xeitos de mocear, os casamentos, as novas modas das mulleres, as diversións dos rapaces... En moi poucos aparecen asuntos da actualidade política ou social.Na parte literaria dos monos destaca o uso exclusivo do galego, lingua que empregan todos os personaxes e que lles serve como distintivo; os títulos están tamén sempre en galego. O tipo de humor é choqueiro con certas dosis de picardía e aparece case sempre como desenlace dun diálogo entre os personaxes.
Vía: Trafegando ronseis
2 comentarios:
Perdonad que escriba aquí, que quizás no sea el sitio adecuado, pero es la única manera de contactar con vosotros.
Soy un profesor de Magisterio de la Universidad de Castilla La Mancha, en Toledo (España). Estoy realizando actualmente una investigación para poder completar mi tesis. Trata sobre la utilización de los Blogs en Educación, o como prefiero llamarlo, sobre los Edublogs.
Para poder llegar a algunas conclusiones generalizables necesitaría que colaborarais conmigo. Y es para esto para lo que solicito vuestra ayuda. En principio simplemente se trataría de rellenar un brevísimo cuestionario por parte del profesor creador del Blog y de sus alumnos/as valorando la influencia de su edublog en algunos aspectos educativamente importantes.
Por favor, si están dispuestos a colaborar, les ruego me escriban un email a JoseFrancisco.Duran@uclm.es para que les pueda enviar en un archivo adjunto el cuestionario y luego me lo devuelvan relleno.
Muchísimas gracias.
En Toledo tenéis un amigo (y aprovecho para invitaros a visitar esta preciosa ciudad).
Un abrazo.
Holaa!! tengo una duda existencial....¿como puedo poner el contador de visitas para que me aparezca en el margen de la derecha sin tener que contar como otra entrada?
Gracias
Publicar un comentario