A Torre de Hércules é o símbolo, o emblema e a parte principal do escudo da cidade da Coruña. Sabemos que é o faro máis antigo de mundo en funcionamento. Tamén é notoria a campaña que se está realizar para a súa declaración pola UNESCO como Patrocinio da Humanidade. Iniciarte comeza hoxe unha serie de entradas para lembrar a historia e a importancia desta edificación.
Cal é a orixe da Torre? Chamouse sempre Torre de Hércules? Cales son as lendas máis sobranceiras sobre o símbolo da Coruña? Como era o aspecto orixinal do faro?
Adicouse sempre a esta función de faro? A estas e outras preguntas trataremos de responder nas vindeiras entradas.
AS ORIXES DA TORRE DE HÉRCULES
A bibliografía histórica que alude ao faro ten falado, nos séculos anteriores, dunha construción relacionada cos celtas ou cos fenicios. As investigacións históricas máis recentes, tanto sobre estes grupos citados como sobre a propia Torre, desbotan completamente esas hipóteses. O faro é unha edificación romana dos séculos I-II.
A visión actual do exterior que temos hoxe da Torre correspóndese cunha reforma realizada a finais do século XVIII, polo que para coñecer a obra romana teremos que achegarnos ao seu interior onde poderemos apreciar que ten planta cadrada con catro estancias no seu interior que orixinalmente comunicábase dúas a dúas. É de tres andares (os dous primeiros de altura semellante e maior no último), con diferentes tipos de aparellos (cuadratum, vitatum e caementicium) Debería contar cun remate superior que, polas diferentes representacións conservadas da edificación, sábese que era circular cun remate en cúpula e con dúas portas que se abrirían en sentido oposto.

Hoxe chámanos especialmente a atención saber que nesta época romana, non se podía acceder á parte superior da torre desde o interior xa que non existían escaleiras. Polo tanto, desde hai moito tempo xurdiu a pregunta de difícil resposta. Como se podía subir a esa edificación circular e poñer lume para que a torre servira de faro?
A creza popular coruñesa fálanos da existencia dunha rampla pola que mesmo poderían subir carros tirados por bois, algo difícil de crer e imposible de aceptar. Cando se produce a restauración da Torre a fins do século XVIII o ilustrado coruñés Xosé Cornide Saavedra formula dúas posibilidades: unha rampla en voladizo ou unha rampla que se apoiaría sobre pés dereitos. Xa no século XX o arqueólogo e historiador alemán Sigried Hutter presentou a hipótese de que a torre tería unha rampla en voladizo. Mais habería de ser outro alemán, Theodor Hauschild quen, con métodos comparativos e lóxicos defenderá a hipótese da existencia dunha estrutura ou muro exterior que faría de soporte da rampla.
Sabemos hoxe como sería o acceso á parte superior da Torre? Nos anos 90´o actual director do Museo Arqueolóxico da Coruña, Xosé María Bello, iniciou unhas escavacións arqueolóxica no exterior (nas que puiden participar) e na base da Torre. A conclusión fundamental que agora nos interesa reflectir, foi a constatación duns impresionantes cimentos dese muro exterior que soportaría a rampla de acceso á parte superior. A pena é que o resultado estético de eses edificio romana era máis ben pobre.
Ademais resulta imprescindible observar a inscrición existente no seu exterior onde se pode ler: “Consagrado a Marte Augusto. Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (actual Coimbra), Lusitano, en cumprimento dunha promesa”. Probablemente esta incrición refírse á Torre ainda que non se pode desbotar a posiblidade de que se refira a unha estatua.
BIBLIOGRAFÍA:
Ciudad y Torre. Roma y la Ilustración en La Coruña. Concello da Coruña, 1991 .
F. Tettatmancy Gastón. La Torre de Hércules. Concello da Coruña, reedición de 1991.
S. Hutter- T. Hauschild. El faro romano de La Coruña. Ediciós do Castro, 1991
Joseph Cornide. Historia de la Torre de Hércules. A Coruña, Librería Arenas, reedición de 1986

No hay comentarios:
Publicar un comentario