Vitoria ou Niké é unha escultura grega de mármore de Paros,
cuxa autoría é atribuída por Pausanias ao escultor Peonio de Menda e fechada
entre os anos 425 a. C. e 421 a. C., enmarcada, xa que logo, dentro do periodo
clásico. Foi descuberta en 1875 durante as campañas de escavacións que
dirixiron os alemáns por toda Grecia naqueles anos. Atópase no Museo Arqueolóxicode Olimpia.
Orixinalmente estaba situada diante do Templo de Zeus, en
Olimpia, a uns 30 metros da súa esquina sureste. A parte conservada da
escultura está esculpida dun só bloque de mármore de Paros, ten unha altura de
2,115 metros e coas ás despregadas, que se perderon na súa maior parte, debía
medir case 3 metros. Estaba colocada sobre un pedestal triangular de 8,81
metros de alto formado á súa vez de 12 bloques tamén triangulares.
A imaxe representa á deusa Niké ou Vitoria descendendo á
terra para agasallar aos vencedores cun ramo de oliveira que leva na súa man
dereita, con ás despregadas e as roupas que se pegan ao seu corpo por efecto do
vento e do seu movemento.
O escultor representa a unha nova deusa alada en toda a súa
grandeza, no momento en que, baixando do ceo, chega á terra e pon o pé sobre un
aguia, símbolo de Zeus. As ás e o, noutro tempo, himatión vermello, destruídos
na actualidade, eran axitados polo vento cara atrás e cara arriba, dando así
unha sensación de equilibrio e voo. O quitón da deusa está pegado sobre o corpo
desvelando todos os detalles do corpo feminino. A Nike está apoiada na perna
esquerda, lixeiramente adiantada, sobre un aguia. O rostro da deusa non se
conserva, a causa da caída da estatua. Tamén falta parte das ás, do corpo, da
vestimenta e as ás de metal do aguia.
Nunha das fiadas do pedestal os donantes gravaran unha
inscripción: “os mesenios e os naupactios dedicaron como diezmo do botín de
guerra a Zeus Olímpico”. Máis abaixo, con letra máis pequena, lemos: “realizouna
Peonio de Mende, así como as acróteras do templo logo de concurso”.
Así coñecemos a causa do encargo desta singular obra. Os
mesenios e os naupactios dedicárona a Zeus cando derrotaron ao exército máis
forte da antigüidade, o dos lacedemonios. O acontecemento histórico ao que se
refire a inscripción é a batalla do 421 a.C., do último ano da guerra de
Arquidamo. Logo das batallas victoriosas, e 10% do botín de guerra, o chamado “diezmo”,
dedicábase aos grandes santuarios. As estatuas con inscripcións que se conservaron
son escasas e as inscripcións que nos chegaron son extraordinariamente
importantes pola información que nos proporcionan. Na de Nike temos tamén a
firma do artista, que xa sabe que creou unha obra de arte e a firma. Igualmente
importante é a noticia de que Peonio esculpiu as acróteras do templo de Zeus
logo dun concurso.
A Nike de Peonio é quizá a estatua máis viva da arte grega
antiga. O gran escultor de Mende (Calcídica) logrou domar un enorme cubo de
mármore, de 3 x 3 m. aproximadamente e crear unha figura alada única en beleza,
movemento e vivacidade, dándolle unha atrevida inclinación cara adiante, de
modo que ao mirala pódese pensar que nese momento acaba de baixar do ceo.
Texto procedende da Wikipedia e de Olimbía Vikatu. Olimpia.
El emplazamiento arqueológico y los museos. Atenas, Ekdotiké, 2006.
Fotos de INICIARTE
No hay comentarios:
Publicar un comentario