31/10/16

O Heroon do estadio de Mesenia


Unha das pezas arquitectónicas máis chamativas da impactante Mesenia (Peloponeso, Grecia) e da que xa vos fixen unha pequena introdución, é o monumento funerario a un heroe local situado no estadio. De feito, a páxinaweb do xacemento infórmanos de que, efectivamente, este monumento forma parte do estadio tanto pola súa arquitectura coma pola súa función.


O edificio é un pequeno templo dórico con catro columnas na fronte (xa que logo próstilo) e feito na pedra local, a caliza.  Atópase no lado sur do estadio, xusto á dereita do eixe da pista das carreiras, nun podio rectangular que se proxecta coma un bastión da impresionante muralla da cidade.


O edificio con forma de templo era un monumento funerario, unha especie de Heroon-Mauseleo. Pertence á tradición de monumentos semellantes de Asia Menor, como o monumento das Neiras en Xanthos ou o Mausoleo de Halicarnaso.


Describe esta sociedade e esta obra o inefable Pausanias (IV.XXXII).  

O Heroon- Mausoleo do estadio pertencía probablemente á rica familia dos Saithidai xa que membros sobranceiros da mesma foron enterrados nel e e mesmo recibiron honras como heroes no século I a.C.



Sobre as catro columnas dóricas aséntase o arquitrabes e, por riba del. Aínda pódense contemplar os triglifos. Das métopas non hai restos. No pequeño frontón destaca unha peza circular. Na parte posterior do eficio destaca o impresionante podio.



Fotos: Iniciarte.



No hay comentarios: