15/6/16

Xosé Manuel Castro, a ductilidade da pedra


Hai pouco Tempo tiven a oportunidade, ben acompañado, de achegarme ata o obradoiro do escultor José Manuel Castro. Foi un tempo de coñecer a súa evolución, vendo tanto as súas obras figurativas ata as súas características de “pedras cosidas“ o as “peles das pedras“. Foi un tempo onde a súa amabilidade estivo flotando sobre a calidade das súas obras. Tempo de coñecemento e de admiración polo seu traballo. Tempo de agradecemento e de paixón artística. Moitas grazas.


Non é moita a información que na hai na rede sobre este escultor. De xeito breve dicir que naceu en 1959 en Vilasuso (Ponteceso, A Coruña) onde continua a residir. Realizou estudos na Escola de Canteiros de Poio entre 1980 e 1985. Xa desde 1983 comezou a expoñer tanto en Galicia, no Estado como fóra, recibindo importantes recoñecementos.
 Xosé Manuel en 1985. Foto de El Hurgador

Da información que hai na rede podo salientar as seguintes entrevistas:
  


Entrevista publicada na Voz de Galicia co gallo da presentación do busto do sacerdote José Lado Río:
  
-¿A pedra segue sendo o seu material preferido?
-Non cabe dúbida que a pedra é ao que lle dedico máis tempo, pero á pedra entre comas porque ultimamente non fago traballos de cantería nin coa pedra que lle chaman granito do país. Uso pedras que consigo no entorno da miña aldea porque son moitísimo máis duras e, aínda que hai que traballalas con ferramentas especiais, como discos de diamante, consegues outras texturas, consegues brillos, pulidos, etcétera. Son un escultor que aplasta as pedras, que as pela, as oxida, as manipula ata convertelas en algo vivo.
-¿Que hai de certo nesa frase de que esculpir realmente só é retirar o que lle sobra á materia prima?
-Iso díxoo Miguel Ángel e realmente é iso. O importante é ver o que sobra porque se partimos de que hai un bloque e eu quero facer unha cara eu teño que ver a cara no bloque antes de facela, teño que saber onde vai ir o nariz ou que profundidade lle teño que dar aos ollos.

 Sobre cruceiros na Costa da Morte, tamén na Voz de Galicia

Fixen o primeiro cruceiro da praza da Malpica cando tiña 25 anos, por encargo do cura de entón, don Benigno. Díxome que podía facer o que quixera, pero que non puxera caras rindo», desveló ayer en O Couto el escultor pontecesán José Manuel Castro durante la presentación de Os cruceiros máis sobrandeiros da Costa da Morte, un exhaustivo estudio de José María Laredo Cordonié y Xosé María Lema Suárez, auspiciado por el Seminario de Estudos Comarcais. Para sorpresa de ambos, no fue el único «secreto», que el artista de Vilasuso (Ponteceso) puso ayer sobre la mesa. Contó, por ejemplo, que el cruceiro actual de Malpica es una copia exacta de aquel original. «O orixinal foi esmagado por un camión e non houbo forma de arranxalo, así que me pediron que fixera un igual», explicó. Y reveló, para sorpresa de Laredo, que él era también el autor del cruceiro parroquial de Cores. «O que máis chama a atención desta obra é que o Cristo está crucificado con catro cravos, algo excepcional, e o seu corpo queda totalmente pendurado das mans, coa cabeza caída e os xeonllos completamente flexionados», explica Laredo en el libro presentado al calor de la lareira de la Fundación Pondal. «E que pensei que esa sería a postura lóxica se se crucificase a alguén», dijo Castro con naturalidad y picardía. Además, descubrió por qué en el capitel talló cabezas de demonios: «Porque mo permitiu o cura».



Do que hai escrito sobre el, paréceme moi interesante o artigo de licencia en Historia da Arte Marta Gerneno, da que copio os seguintes parágrafos:

"Unha das máis sólidas e orixinais respostas desde a poética que permite a pedra



(...) partindo da tradición dos antigos canteiros e da súa relación empírica co material, inscríbese entre os renovadores da escultura galega que, en torno á década dos oitenta, formularon un novo expresionismo directamente vinculado ás características matéricas e á súa poética intrínseca. (...) É así como a súa obra "modela" o rexo granito ata facer del unha materia aparentemente plástica e dúctil proporcionando á súa tradicional interpretación de elemento indomable unha nova significación.



(...) é un artista que xorde da canteira máis tradicional e desemboca nunha proposta conceptual, é obsesiva a súa loita simbólica coa pedra á que trata de coser (Pedra cosida), atar (Pedra atada) ou comprimir e espremer (Pedra enferma) a partir do eclecticismo que fai coa antiga maneiras de traballar o granito e outros materiais cun tratamento “antiético“. Pretendendo “dominar“ a pedra, o artista (...) describe a súa loita coa materia, desde a vitalidade da vertical ata que a reduce a estado natural.



(...) Castro representa, co claridade, a nova poética que asume o artista canteiro na Galicia dos oitenta, amosándonos como a tradición e o tratamento escultórico pode seguir a reflectir o xenio local, a identidade dun pobo ou dun país, sen recorrer ao costumismo de sempre e á formas expresivas herdadas e nunca cuestionadas. (...) Detrás de cada pedra hai unha idea, a capacidade de reflexionar en torno á vida e ó que acontece ó seu redor, unha paixón que se encerra e que lle leva ó home algo que transcende á precaria condición humana: un modo de ser absoluto. Castro pretende, ademais achegarnos á plasticidade da pedra, ás máis variadas formas ou volumes que pode adoptar.



(...) O granito, sen dúbida, na obra de Xosé Manuel castro adquire unha dimensión abstracta e orgánica, expande a súa materialidade, esprémese como natureza, independízase como obxecto. Ás veces o granito vístese de inocencia purificada que atopamos nas formas simples e simbólicas ou mesmo na humanidade recorrente dos afectos. Pero a pedra foi máis ca pedra e o artista pretendeu ensamblar os seus fragmentos, facela partícipe dunha situación espacial: foi instalación enmarcada nun marco e na historia.



En definitiva, e a modo de resumo, a orixe do seu traballo escultórico aparece unido ao "oficio de canteiro" no sentido máis tradicional. Sen embargo dotará a pedra dunha dimensión inédita, ao convertela en obxecto de experiencia conceptual, máis alá dos seus límites clásicos e icnográficos. Na primeira metade dos anos 80 a súa loita simbólica coa pedra é unha obsesión e presenta un repertorio insual de descodificacións, porque o escultor coserá a pedra, ataraa, estiraraa ou comprimiraa, presentaraa nos seus estados “débiles“ ou disfrazaraa. Este ritual sinestésico lígase á imaxe histórica do simbólico menhir, á instalación circular ou ao aliñamento, pero tamén a un ideal de transcender a función decorativa do obxecto-escultura. Detrás de cada pedra existe unha idea, a capacidade de reflexionar en torno á vida e á súa circunstancia persoal. O reflexo dunha paixón (...) que transcende a precaria condición humana: un modo de ser absoluto. Os seus traballos nos noventa indagan máis no terreo da plasticidade e do orgánico, pero afirma que “Sigo a considerarme un ´escultor da pedra´ exclusivamente“.



Marta Gerneno. Xosé Manuel Castro. En “Artistas Galegos. Escultores. Realismos, abstracións“. A Coruña, Nova Galicia Edicións, pp- 282-307.


Tamén é de salientar que un dos meus refuxios preferidos, Cultura Inquieta, tenñe adicado unha entrada e onde veredes fotos de boa calidade. Tamén hai boas fotos da súa obra en EL Hurgador, en Esdiario ou tamén son magníficas e recentes as de Moncho Piñeiro.
  

Para seguirlle a pista a este artista non deixedes de visitar o seu blog nin o seu Facebook.


Moitas grazas, artista.

No hay comentarios: