A arte non ten só como papel o de crear beleza e dar así ao home uno dos
seus praceres máis elevados, senón que asume ao mesmo tempo a función profunda
que é quizais indispensable ao seu equilibrio (…)
A arte comeza desde
o momento que o home crea, non xa coma os animais cun designio utilitario,
senón para representar ou para expresar. Nun e outro caso, sérvese dun
obxecto, formado por unha man, creado por el: a obra de arte.
Por ela, como
acabamos de dicir, representa ou expresa, é dicir intenta romper, en ambos
casos, un dos límites que lle impón a natureza. Cando representa, loita contra
a imposibilidade en que se ve de escapar á fuga do tempo, que anula sen cesar o
que somos. Confía o seu testemuño a unha materia máis estable e máis duradera ca
memoria. Nas sociedades antigas, esculpía ou pintaba o mito relixioso ou o
acontecemento histórico cuxo espectáculo quería fixar; nos tempo máis recentes,
aplícase cada vez máis a conservar un rostro ou unha paisaxe cuxa fuxitiva
beleza que o conmoveu. A arte entón depende sobre todo da impresión.
Pero hai outra
posibilidade, a de facer coñecer aos demais o que un leva en si mesmo, o mundo
descoñecido, inefable, do que se sente, do que se imaxina, do que se soña. O
artista intenta facer entrar no visible ese mundo invisible que non existe máis
que na nosa cabeza ou no noso corazón; procura proxectar na súa obra o que
posúe en si, o mesmo o afán dunha determinada harmonía que un xeito de pensar
ou un xeito de sentir. Esfórzase en dar a equivalencia lexible deste segredo
nunha imaxe e facelo así experimentar aos que a descifren. A arte depende entón
sobre todo da expresión.
(…) A arte é en
primeiro lugar unha toma de posesión. Aparece como un medio concedido ao home
para ligarse ao mundo exterior, para atenuar a diferenza de natureza que o
separa del e o terror que ante el experimenta. As manifestacións máis antigas
ofrecen xa un dobre aspecto: por unhas, o home intenta proxectarse sobre o
universo, levar a el a súa pegada, a súa garra, inscribirese nel. E por outras,
apropiarllo, facelo seu. En ambos casos hai esforzo
de posesión, xa sexa que queira selalo coa súa impronta ou xa que se
apodere del baixo a forma dunha imaxe, dun dobre, en diante manexable e sumiso.
No primeiro caso hai proxección, no segundo captación. A vontade é a mesma.
René Huyghe. El arte y el hombre. Barcelona, Planeta, 1977, citas das
páxina 19 e 22.
No hay comentarios:
Publicar un comentario