O
lugar de Olimpia é moi coñecido por dous factores: por seren a orixes das
olimpíadas e pola súa importancia relixiosa.
Hai
constancia de que xa no ano 772 antes da nosa era celebráranse uns xogos
olímpicos. Hoxe fican claramente visibles os restos arqueolóxicos do seu
estadio. Tamén sabemos que o emperador Teodosio prohibiunos no século IV.
A
nivel arqueolóxico e artístico debemos sinalar varias ideas. Por unha banda alí
Fídeas fixera unha xigantesca estatua de ouro e marfil (criselefantina) para
conmemorar a vitoria sobre os persas na II Guerra Médica. Tamén hai evidencias
arqueolóxicas do obradoiro do mestre. O lugar foi saqueado polos arcadios e,
posteriormente, foi protectorado de Alexandre Magno.
Foron
os franceses que, a partir do 1829, iniciaron as escavacións arqueolóxicas no
lugar. Posteriormente continuada polos alemáns. De feito serían estes os que
atoparían o Hermes de Praxíteles.
Ademais
do xa mencionado estadio, deberíamos de destacar a importancia do seu templo
dórico do que só temos resto das súas columnas e dos seus frontóns, a palestra,
os propileos e o Filipeo, entre outros.
Gozade,
agora, coas fotos que o noso bo amigo Pepe L.C. fixo para INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario