Hai case vinte anos visitei a primeira gran retrospectiva en España de Antonio López (a de Albacete no 1989 non a coñecín). Este verán pódese contemplar no Thyssen outra magna exposición. Con este gallo a revista Descubir el arte nos ofrece un especial sobre o pintor manchego cunha moi interesante entrevista. Na introdución desta publicación podemos ler:
Nin surrealista, nin realista, nin tampouco hiperrealista, o que o artista manchego ansía é apresar a esencia representada en cada ser, o misterio que emana do seu simplicidad espida. Con ocasión do 50 aniversario da súa primeira exposición, en xuño 1961, o Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid réndese á magnética forza da súa creatividade.
Na páxina web do Thyssen-Bornemisza, onde se celebra a exposición entro o 28 de xuño e o 25 de setembro, lemos:
Pero teño especial interese en traducir parte desa entrevista onde a pintor dalle significación á verba “ARTE”:
Pregunta.- Antonio, a arte volveuse elitista e individual? A arte que necesita códigos para ser entendido, é arte?
Resposta.-Hai arte que quere ser elitista como hai quen quere ser elegante, pero non é o que eu amo. A arte con maiúsculas non é elitista, non o é Giacometti, nin Rothko nin Paul Klee, pero é unha linguaxe que se entende mellor cando se coñece. E cando a partir do impresionismo nace a vontade dunha arte individualizada, ponllo máis dificil ao pouco coñecedor. Velázquez é igual de difícil que Rothko, pero traballa cunha linguaxe máis inteligible. E isto, o home non o desexou senón que acabou sendo así e o premio é que no século XX atópasche cunha arte occidental con facetas infinitas, algo novo e absolutamente marabilloso: a diversidade involutaria, porque o ser humano é infinito. A arte segue sendo un camiño que busca o coñecemento para expresarse mellor, aínda que a súa comprensión é hoxe máis difícil precisamente porque a súa linguaxe hase decodificado. A arte tiña unha función didáctica pero desde o impresionismo buscou aspectos máis misteriosos, que ten que ver sobre todo co sentimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario