O Museo Nacional do Prado exhibe a partir do mércores, 24 de novembro, a magnífica parella Adán e Eva de Alberto Durero (1471-1528) tras uns traballos de restauración que se prolongaron durante dous anos.
Ese mesmo día, o Prado formalizou un acordo de colaboración coa Fundación Iberdrola como membro protector do seu Programa de Restauración, o que permitirá o desenvolvemento doutras restauracións tan relevantes como as de Adán e Eva, cuxa instalación especial en sala presentouse tamén este día como o primeiro proxecto patrocinado pola Fundación.
A montaxe expositiva de ambas as obras realizouse na galería central da planta baixa do Museo, onde se exporán durante catro meses sobre unha estrutura especialmente deseñada para que poida apreciarse tanto o anverso como o reverso das dúas táboas, invitando ao público a coñecer o delicado e complexo traballo de restauración realizado coa colaboración da Getty Foundation e de George Bisacca, restaurador do Metropolitan Museum of Art de Nova York.
Alberto Durero realizou estas dúas táboas ao regreso da súa segunda viaxe a Italia en 1505 e ambas supón un intento de sintetizar os ensinos recibidos, buscando un equilibrio entre italianismo e germanismo, a fin de alcanzar a perfección ideal do corpo humano, para o que o asunto bíblico é un simple pretexto. O seu coñecemento do espido clásico raia a unha altura prodixiosa á vez que a exactitude do debuxo revela un pulso de gravador único, ancorado nas tradicións do Norte.
O crecente influxo italiano percíbese na monumental grandiosidade das súas figuras, mentres que a seu xermanismo advírtese claramente no cromatismo, a precisión do detalle e o gusto naturalista de corte expresionista, avivado aínda máis polo seu xenial espírito de debuxante. Ambas as táboas foron un agasallo da raíña Cristina de Suecia a Felipe IV.
Texto (adaptado e traducido) e foto vía Hoy es arte .
No hay comentarios:
Publicar un comentario