31/1/11

O matrimonio Arnolfini: algunha novidade?


Que dificil é dicir algo novo ou distinto sobre este famoso cadro. Temos moita información sobre o mesmo pero case toda é reduntante e reiterativa.
En realidade, é posible pensar que aínda hai moito por coñecer, tanto sobre Jan Van Eyck como sobre esta táboa. Recentemente o noso colega bloguero Paco Hidalgo dábanos algo de luz sobre o autor ao tratar de desmontar algúns dos típicos tópicos que se adoitan repetir. Tamén poderemos recordar o datallado análise dos significados simbólicos ofrecido por Eduardo Sánchez hai moitos anos, e ata poderiamos recordar as interesantísimas achegas que o pintor norteamericano David Hockney fai no seu alucinante libro El conocimiento secreto. El redescubrimiento de las técnicas perdidas de los grandes maestros (Barcelona, Destino, 2001).


Mais hoxe quixese trasladarvos a visión ou versión que a guía oficial da National Gallery, o museo onde se garda o retrato matrimonial, ofrece sobre o mesmo. Fixarvos, xa, na primeira afirmación:

“É pouco probable que o cadro represente unha auténtica cerimonia de voda e nin sequera estamos seguros da identidade dos retratados. A inscrición latina que hai na parede do fondo, “Jan van Eyck estivo aquí/1434”, interpretouse como a presenza do artista en calidade de testemuña da voda, pero tamén pode atestiguar que é o autor do cadro sen máis, a súa creación “aquí”. Con todo, seguramente é certo que o cadro retrata a unha parella casada. Neste contexto o can podería simbolizar a fidelidade, a única vea ardendo o ollo de Deus, que todo veo -un simbolismo subliñado polo espello con escenas da Paixón de Cristo que decoran o marco. A escultura do banco representa a Santa Margarita, patroa das mulleres de parto, aínda que a esposa máis que embarazada, ten a tripa redondeada á moda. Suxeriuse que os zocos e as sandalias, que a parella quitouse, poderían ser agasallos típicos de voda ou ben aludir ao costume de descalzarse en lugares sagrdos. O xesto da man dereita de Arnolfini -que o artista modificou para pola máis vertical- podería ser de benvida ou de afirmación; non o sabemos con certeza. Pero todas estas referencias encaixarían á perfección no retrato dunha parella de burgueses prósperos e medorentos de Deus. Só o xenio descritivo do pintor confírelle a aparencia dun momento importante nun lugar especial”.

Erika Langmuir. National Gallery. Guía. Londres, National Gallery Company, 1997, páx. 48.

No seguinte vídeo poderedes visonar un resumo do que se adoita dicir e escribir sobre o matrimonio Arnolfini.




2 comentarios:

PACO HIDALGO dijo...

Esta obra siempre está llena de misterios, tal vez por su misticismo y simbolismo; a ello contribuyó el autor, con el juego de símbolos, sin duda. Un abrazo, Antonio.

Antonio Martínez dijo...

En su aparente sencillez (un retrato de una paeja) reside su complejo simbolismo. Saludos, Paco.