Hai uns días mentres recibía toda unha lección da arte culinaria sobre a lamprea, etnografía e festas populares das Neves e da parroquia de Vide (grazas Sabela) puiden contemplar o exterior da igrexa de Santa María no concello pontevedrés de As Neves.
Esta pequena igrexa parroquial foi proxectada polo arquitecto cántabro Melchor de Velasco Agüero e din que foi levantada polo mestre canteiro Amaro do Campo que era concello de CotoBade. O arquitecto foi unha figura moi salientable da arquitectura renacentista de Galicia do século XVII, xa que fará importantes obras no mosteiro de san Paio de Antealtares, na capela do Santo Cristo de Burgos, na igrexa do colexio de orfas ou nos claustros de Belvís e san Martiño Pinario de Santiago. Tamén traballou na igrexa dos benedictinos de Celanova e máis en varias obras de Padrón. Esta igrexa de santa María das Neves e de finais do século XVII.
A súa fachada é dun clasicismo serodio xa que consta dunha porta con arco de medio punto. Está enmarcada por sendas piastras sobre as que se asenta un pequeno texaroz para dar soporte á Virxe, quen está franqueada a cada lado por uns escudos nobiliarios. Culmínase a fachada cun curioso tímpano, nada regular, con óculo central e torre sobre o lado esquerdo. Esta torre-campanario, tamén con arcos de medio punto peraltados, ten por remate unha pirámide escalonada e catro canos para a auga e que temos que relacuonar, evidentemente, coas existentes no claustro catedralicio de Santiago.. Debido á potencia da torre a fachada non é simétrica.
É de planta de cruz latina con pequena capelas laterais. Está cuberta con bóveda. Ten un retablo interesante, segundo me contan, na capela maior sende doe tres rúas e con inturas de santo Francisco, a Asunción da Virxe e santo Antonio de Padua, a Anunciación e no centro o bautismo de Cristo.
Na lateral sur destaca un relo de sol mentres que no lado norte chama a atención a inscrición dedicada a “Ausente” e aos caídos por “Deus e pola Patria” do concello. Xa saberedes quen é o “Ausente” e a que deus e a patria me refiro. Ata cando teremos que soportar o nacionalcatolicismo?
Peculiar é o exterior da cabaceira que consta de tres xanelas a distintas alturas e tres molduras de entallamento.

No hay comentarios:
Publicar un comentario