J. A. Franco Taboada. Torre Costa Rica. 1973-1975
Esta é a edificación habitada máis alta da Coruña. 106 seis metros sobre a rasante da rúa, 24 andares con tres vivenda por planta, unha planta baixa e dous sotos para garaxe. Fois feita mediante unha cooperativa nun solar que estivera ocupado pola fábrica de madeiras de Molezón.
A zona na que está ubicada presenta unha das densidades ocupadas maiores do Estado xa que teríamos que engadir o edificio Trébol e a Cooperativa Alférez provisional.
En realidade teríamos que falar de dous edificios moi distintos. Por unha banda un bloque de cinco alturas que delimita a parcela e que crea unha pequena praza interior, e outro, a torre de 24 andares. A pesares da súa altura e coa distribución comentada, non foi edificada todo o que permitía o plan de urbanismo de finais dos sesenta, ese plan que fixo auténticas barbaridades na Agra do Orzán.
A Torre Costa Rica tiña que facer fronte a dous grandes retos: o forte vento constante na cidade e acadar iluminación para todas as vivendas. A solución foi “unha superestrutura de formigón aramado de 10 tramos, con xácenas de
A forma da planta, ademais de cumprir unha misión rixidizadora, permite optimizar a disposición das instalacións por columnas. A fachada realízase con pezas de formigón Branco prefabricado bastante retiradas do plano de xanelas, a fin de diminuír o risco de vértixe”
No ultimo andar a RTVG ten ubicada unha webcam sobre a cidade.
Máis información sobre esta obra na páxina web do propio arquitecto.
Cita de Esteban Fernández Cohibían.Guía de arquitectura. A Coruña. COAG, páx. 340
1 comentario:
Esta entrada resolve moitas dúbidas que sempre teño cando paso por diante da torre. Sempre quisen subila!
Publicar un comentario