1/3/10

Arte neoclásica: documento para a introdución

"O feito de que o belo identifíquese coa arte clásica e que este se lle tome como modelo, parece estar en contradición co rexeitamento dos dogmas e os principios de autoridade. Non é así. Xa que a arte é un modo de comportamento, sempre é posible establecer, críticamente, en que períodos da historia ese comportamento foi máis xusto. O comportamento xusto é o que non está condicionado por imposicións autoritarias, por prexuízos nin por finalidades utilitarias. A crítica demostra (ou supón) que esta condición ideal só se deu na antigüidade clásica, en Grecia. (...)

A elevación do clásico á categoría de modelo non reforza a continuidade histórica senón que a anula. O Barroco é aínda un desenvolvemento da cultura clásica; a volta ao clásico puro trunca ese desenvolvemento. A arte neoclásica non é historicista: de feito producirase unha reacción historicista contra o non-historicismo neoclásico. Proponse o clásico á admiración e á imitación (e xa que logo xa non é a natureza o obxecto da mimesis) pero non constitúe un precedente histórico que poida ter continuidade no presente. (...) A arte neoclásica quere ser arte moderna, comprometida a fondo coa problemática do seu tempo. O feito de elixir libre e criticamente o seu modelo non diminúe a súa autonomía. Autonomía non significa ausencia de función, significa só que a función da arte xa non está subordinada senón coordinada. A razón non é un ente abstracto, debe ordenar a vida práctica. Os arquitectos neoclásicos saben que unha nova orde social esixe unha nova orde da cidade e todos os seus proxectos inscríbense nun plano de reforma urbanística. A nova cidade deberá ter, como a antiga, os seus monumentos; pero o arquitecto deberá preocuparse tamén do desenvolvemento social e funcional. Constrúense igrexas a modo de templos clásicos, pero tamén escolas, hospitais, mercados, aduanas, portos, cuarteis, cárceres, almacéns, pontes, rúas, prazas.

(...) A arte neoclásica sérvese, sen ningún prexuízo, de todos os medios que a técnica pon á súa disposición. Na arquitectura, o principio da correspondencia da forma coa función estática leva ao cálculo escrupuloso dos pesos e as tensións, ao estudo da resistencia intrínseca dos materiais. É precisamente a arquitectura neoclásica a que experimenta os novos materiais e revaloriza, no plano estético, a investigación técnico-científica dos enxeñeiros."

Giulio Carlo Argan. El arte moderno. Valencia, Fernando Torres, 1976, 2º ed., páx. 15-21.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Mira que bien me viene este post!! ya que este viernes tengo el último examen, y me entra el arte neoclásico.

ARRIBA EL ARTE CONTEMPORÁNEO

Besos

Antonio Martínez dijo...

Pois antes do venres haberá outra entrada neoclásica.