10/11/08

O mosaico bizantino

Unha das características básica da arte bizantina é que é unha arte con técnicas de tradición romana pero con temas cristiáns. Unha desas técnicas foi o mosaico que se na cultura romana era empregado para cubrir os solos, na etapa bizantina foi empregada para encher as paredes e os teitos con simboloxía relixiosa tal e como xa se fixera na arte paleocristiá.

O mosaico bizantino será un elemento esencial como elemento de transmisión do simbolismo da luz como reflexo, como lóstrego de Deus. Ten, ademais, un simbolismo propagandístico xa que é un signo máis do poder imperial, sendo outro elemento do cesaropapismo bizantino.

A súa temática está moi vencellada ao mundo relixioso e espiritual polo que será, xa que logo, unha manifestación artística cunha clara tendencia idealizadora.

Tecnicamente empregaranse teselas tanto de mármore de diferentes cores como teselas de lama cocida policromadas con pasta vítrea, mais sempre na busca do impacto cromático. Predominan o opus tesselatum (teselas cúbicas, iguais e de distintos tons) e o opus vermiculatum (cada tesela adopta o contorno preciso da figura a representar). Normalmente combínanse as dúas técnicas, a vermiculatum para os contornos e o tesselatum para o recheo. As teselas colocábanse sobre un leito de morteiro fino e húmido sobre o que se fixera un debuxo coas figuras a representar. Tras secar, enchíanse os intersticios con morteiro fino líquido e con diminutas pezas marmóreas. Posteriormente, limpábase e puíase o mosaico. Nalgunhas ocasións as teselas estiveron recubertas por láminas de ouro ou prata.

As súas composicións reflectirán a frontalidade das figuras representadas, habitualmente dun xeito illado situadas nun plano corrido. As representacións serán con esquemas icónicos de rixidez e hieratismo, repetidos monotonamente entre elementos decorativos. Este hieratismo das figuras contrapoñerase ás representacións máis naturalistas da arte romana occidental.

A arte do mosaicos era moi custosa e requiría dun potentado mecenas. O custe sendo requeridos os seus traballos ata en Al-Andalus.

Fotos: Arteguias.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Estupenda entrada!! Pero podias poner un post sobre el mosaico del paso del mar rojo situado en la iglesia de Santa María la Mayor...jeje

Saludos!