9/11/08

Faleceu en Vigo o pintor Antonio Heredero aos 90 anos


Antonio Herdedero, un dos artistas máis populares de Galicia, faleceu onte en Vigo, onde residía desde os anos cincuenta. A triste noticia sorprendeu a todos os seus achegados, xa que a pesar da súa idade (cumprira 90 anos o pasado maio), o pintor atopábase en plena actividade cando sufriu un aneurisma que acabou coa súa vida. O Círculo Mercantil vigués expón actualmente a súa última produción.


Herdedero, nacido en Madrid en 1918, foi un creador cuxo recoñecemento entre o público era sempre celebrado sacándolle das mans canta obra pintaba. O autor de vocación tardía -empezou a pintar aos 40 anos- estaba especializado na técnica da acuarela, e nunha temática paisaxística, no campo e o mar, na que reflectía unha vida tradicional galega que xa non existe. Mañá oficiarase en Vigo o funeral do artista, que será enterrado hoxe en Pontevedra.
Texto e foto: La Voz de Galicia.

No hay comentarios: