A evolución da arte paleocristiá motivará o nacemento da Arte Bizantina. A súa grande novidade estriba en que mantivo tamén importantes trazos da cultura grecolatina, podendo considerarse unha arte ponte entre a antigüidade e o futuro Renacemento. Bizancio a penas creou valores novos mais soubo asimilar e difundir as influencias que chegaron desde oriente e occidente. Na arte Bizantina xorden modelos para toda a Idade Media. Arte de carácter relixiosa que pretende representar a unión material do poder político e o relixioso.
Constantinopla foi fundada por Constantino I o Grande (274-337) en 326-330 no emprazamento do antigo Bizancio grego. Capital do Imperio Romano de Oriente de 395 a 1453.
Entre os século V e VII desenvolverase a chamada Primeira Idade de Ouro bizantina, relacionada coa obra de Xustiano. Os séculos IX ao XII verán a Segunda Idade de Ouro, separadas ambas polo período iconoclasta, onde as imaxes estarán prohibidas e a arte vivirá un período de decadencia.
A arquitectura bizantina vai manter a grandeza romana e a elegancia grega, empregando o elemento oriental como aglutinante. A cúpula sobre pechinas, o ladrillo como material, as bóvedas de arestas ou a suntuosidade decorativa serán algunhas das súas principais características. A planta favorita é a de cruz grega, envolta nun espazo cuadrangular que permita o uso e gozo de cúpulas e bóvedas.
O seu edificio máis característico é a igrexa –hoxe mesquita- de santa Sofia de Constantinopla, levantada en tempos de Xustiniano, quen pronunciou unha frase significativa cando foi rematada “Salomón, vencinche”. O máis sorprendente da igrexa é a súa espectacular cúpula de 31 metros de diámetro, duns empurres que se contrarrestan con dúas bóvedas de cuarto de esfera que descansan sobre outras dúas bóvedas. Este reparto de presións permite acadar unha sensación de lixeireza na construción inigualable, ao que contribúen os dous pisos de arquearías que se atopan baixo os dous arcos formeiros da nave.
En Rávena desenvolveuse outro importante centro de arquitectura bizantina ao ser esa cidade capital do exarcado. Nesa cidade construíronse as igrexas de san Vital –con planta de cruz grega-, san Apolinar in Clase e san Apolinar o Novo –planta basilical con tres naves- destacando a fermosa decoración de mosaicos.
O movemento iconoclasta motivará o escaso desenvolvemento da escultura bizantina; só conservamos algúns exemplares de pequeno tamaño como placas de marfil formando dípticos ou trípicos, entre as que destaca a Cátedra de Maximiliano. A partir do século IX a iconografía bizantina aumentará con novas escenas do ciclo evanxélico ou da Virxe.
Quizais sexa o mosaico o verdadeiro protagonista na decoración, superando á pintura. A pobreza dos materiais construtivos esixe o emprego dun revestimento que outorgue riqueza á edificación, e ese é o mosaico.
Na primeira etapa será Rávena o lugar máis sobranceiro coas excelentes representacións de san Apolinar O Novo ou San Apolinar in Clase, enchendo de cor as súas paredes, destacando as excelentes procesións de doncelas e santos que se dirixen a presentar os seus respectos ao Neno acompañado da Virxe.
Na segunda etapa incorpora novidades iconográficas como o Tetramorfos –as figuras ou símbolos dos catro Evanxelistas- ou o Pantocrátor –Cristo omnipotente-.
As mesmas cores acesas que caracterizan o mosaico atópanse tamén na pintura, aparecendo unha importante escola miniaturista e iluminadores de libros.

Fotos: Wikipedia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario