11/9/08

Pintoras italianas (I): Sofonisba Anguissola

Sofonisba Anguissola foi unha pintora italiana, a primeira muller pintora de éxito do Renacemento.

Sofonisba Anguissola (tamén escrito Anguisciola) naceu en Cremona (Italia) cara a 1532. O seu pai Amilcare Anguissola, era membro da baixa nobreza xenovesa. A súa nai, Bianca Ponzone de familia influente, faleceu cando Sofonisba contaba entre 4 e 5 anos. O seu pai animou ás súas fillas a cultivarse e perfeccionar os seus talentos. Catro das súas irmás tamén foron pintoras, pero Sofonisba foi de lonxe a que mellor o conseguiu e a máis renombrada.

Á idade de 14 anos o seu pai enviouna, xunto coa súa irmá Elena, a estudar con Bernandino Campi (tamén nacido en Cremona). A aprendizaxe de Sofonisba con artistas locais sentou un precedente para que as mulleres fosen aceptadas como estudantes de arte. O seu traballo máis importante daquela época, é a súa obra "Bernardino Campi pintando Sofonisba Anguissola", datada en 1550 e que se atopa na Pinacoteca Nacional de Siena.

En 1554, á idade de 22 anos, viaxa a Roma, onde coñece a Miguel Anxo por mediación doutros pintores que coñecían ben a súa obra. Este encontro co artista foi unha gran honra para a pintora e beneficiouse de ser "informalmente" instruída polo gran mestre. Cando el lle pediu que pintase un neno chorando, Sofonisba debuxou "Neno mordido por un cangrexo", e cando Miguel Anxo viuno, recoñeceu de inmediato o talento dela. A partir dese momento, o xenio dáballe bosquexos do seu caderno de notas para que ela os pintara co seu estilo persoal e ofreceulle consello sobre os resultados. Durante polo menos dous anos, Sofonisba continuou este estudo "informal", recibindo unha sólida orientación do mesmo Miguel Anxo.

O gran historiador da arte Giorgio Vasari escribiu sobre ela: "Anguissola mostrou a súa maior aplicación e mellor graza que calquera outra muller do noso tempo nos seus empeños por debuxar; por iso trunfou non só debuxando, coloreando e pintando da natureza, e copiando excelentemente doutros, senón por ela mesma que creou excelentes e moi belas pinturas".

No entanto, non o tivo fácil, pois a pesar de que contou con coraxe e apoio, máis que o resto das mulleres da súa época, a súa clase social non lle permitía ir máis aló dos límites impostos para o seu sexo. Non tivo a posibilidade de estudar anatomía ou debuxar do natural (era considerado inaceptable para unha señora que vise espidos). No seu lugar, buscou as posibilidades para un novo estilo de retratos, con personaxes con poses informais. Auto-retratos e os membros da súa propia familia eran os protagonistas máis frecuentes.

Cando xa era coñecida, desprázase a Milán, cara a 1558, onde pintou ao Duque de Alba, quen á súa vez a recomendou ao rei Felipe II de España. Ao ano seguinte, foi invitada a visitar a corte española, o que representou un momento crucial na súa carreira. Entón tiña 27 anos. No inverno de 1559-1560 chega a Madrid para converterse en pintora da corte ademais de dama de compañía da nova raíña Isabel de Valois, terceira esposa do rei. Enseguida gañouse estima e confianza da nova raíña. Durante este tempo, traballou estreitamente con Alonso Sánchez Coello. Tan estreitamente, que inicialmente o retrato do Felipe II, en idade mediana, foi atribuído a Coello.

En 1623, visitouna o pintor flamenco Anthony Van Dyck, quen pintou varios retratos dela a principios de 1600, e fixo estudos das súas visitas a Sofonisba no seu cadernos de notas. Van Dyck dixo: "Aínda que a súa vista está debilitada, mantense aínda moi alerta mentalmente". En contra do que algúns biógrafos reclaman, ela nunca se chegou a quedar cega, quizais tivo cataratas. Morreu á idade de 93 anos en Palermo en 1625.

Foi internacionalmente aclamada e respectada ao longo da súa vida. Sofonisba dixo en certa ocasión: A vida está chea de sorpresas, intento capturar estes preciosos momentos cos ollos ben abertos.


Texto: Wikipedia, Fotos: Artehistoria.

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Αναμφίβολα άλλη θέση με μια πολύ ολοκληρωμένη και πολύ ενδιαφέρουσες πληροφορίες.

(traducción:Sin duda otro post muy completo y con una información muy interesante.)

P.D: para que luego digan de humanidades, pero tenemos ventaja muajaj

Antonio Martínez dijo...

Pero que "culturizada" estás...