No día de onte o Ministro de Cultura, o coruñés César Antonio Molina, inaugurou na sede central da Fundación CaixaGalicia a exposición “O retrato español no Prado. De Goya a Sorolla”. É unha magnífica oportunidade de contemplar a evolución deste xénero no século XX, desde o neoclasicismo inicial de Goya, o romanticismo de Federico de Madrazo e o realismo naturalista de inspiración impresionista de Sorolla. Ademais poderemos coñecer (é a primeira vez que as súas obras chegan á Coruña) os traballos de Vicente López, Raimundo de Madrazo ou Emilio Sala.
A exposición estará na Coruña ata principios de setembro e durante o verán haberá conferencias de expertos no retrato español do XIX así como obradoiros e visitas guiadas.
A exposición estará na Coruña ata principios de setembro e durante o verán haberá conferencias de expertos no retrato español do XIX así como obradoiros e visitas guiadas.
As 66 obras expostas forman parte da do programa “Prado itinerante” destinado a difundir por todo o Estado os fondos da principal pinacoteca española.Como proba da calidade das obras expostas (non pensedes só nos cinco retratos asinados por Goya ou os seis de Sorolla) contemplade os retratos Saturnina Canaleta de Girona (1856) e Jaime Girona (1856), ambos asinados por Federico de Madrazo.
Fotografías vía CaixaGalicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario