O texto que poño a continuación é de Ramón Yzquierdo Perrín.
Arte medieval (I). Galicia. Arte. Tomo X. A Coruña, Hércules, 1993 páxinas
415-421.
A igrexa de Santa Mariña de Augasantas é de planta basilical de tres naves, que rematan noutras tantas ábsidas semicirculares.
(…) Piares
cruciformes separan as naves e os catro
tramos en que se artellan. Os arcos de acceso ás ábsidas son semicirculares, dobrados,
cunha lixeirísima tendencia a apuntarse e de sección rectangular, apóianse en
columnas encastradas mediante capiteis estilizados de follas e no propio muro.
Unha imposta serve de sustento ás columnas esveltas das ventas da capela
central, rematadas con arcos semicirculares; sobre cada unha, na bóveda,
fórmanse unas excepcionais lunetas. Enriba do arco triunfal de cada capela
ábrese un rosetón, de considerables dimensións e complexa decoración, de
esquema xeométrico na central; e máis pequeno e con decoración cruciforme, nas
laterais. Sobre o óculo decorado da capela maior téndese un arco de descarga de
medio punto.
Tanto os arcos formeiros como os faixóns son apuntados,
dobrados e de sección rectangular; e os capiteis teñen, a maioría, unha
ornamentación de follas que con frecuencia rematan en bólas. Nun piar inmediato
á fachada occidental vence, sen embargo, dous capiteis historiados: nun deles,
diversas figuras humanas sentadas, quizais espidas, a maioría imberbes e con
melena curta, adoptan diferentes actitudes e algunas dialogan. No outro, unha
figura levanta os brazos e agárrase a unha froita; o corpo dóbrase de tal xeito
que as pernas quedan paralelas ao
colariño. Viste túnica ata os pés cinxida á cintura e pequeno e escote en pico.
Aos lados vence sereas paxaro de longa cola enroscada.
Como as tres naves se cobren cun tellado único, nas laterais levántanse sobre as columnas encastradas unhas pilastras nas que estean os arcos torais; tan insólita organización fai que na metade inferior dos muros extremos se abran xanelas con arcos de medio punto, mentres que cara a arriba só as pilastras e impostas rompen a monotonía dos paramentos. Xunto aos capiteis, nos que cargan os faixóns da nave central, colocáronse dous capiteis-ménsula, solución utilizada na última etapa construtiva da catedral de Ourense, na igrexa mosteiro de Oseira e no primeiro tramo da nave de san Xoán de Portomarín, entre outros exemplos que se poderían citar. Neste caso, a súa innecesaria presencia obedecen a un influxo da catedral de Ourense e poderían indicar un proxecto abandonado de cubrir con bóvedas de crucería esta nave; a presenza do falso triforio sobre os formeiros contribuiría a facer inviable tales bóvedas.
O falso triforio de Augasantas é semellante aos de Aceveiro
e Xunqueira de Ambía (lembrade o escrito sobre o desta última igrexa), pero ao
mesmo tempo diferente, xa que en cada tramo se alzan tres arcos de medio punto,
que estean en curtas columnas apegadas; os capiteis teñen decoración vexetal.
Sobre el apóiase o teito de madeira que cobre as naves; algunhas trabes amosan unha decoración xeométrica de sabor
islámico, que, segundo o doutor Chamoso, foi frecuente en Galicia durante o
século XV.
Na contraportada unicamente podemos salientar o arco liso da
porta e o rosetón, que se abre na parte superior, pechado por fermosa
decoración xeométrica semellante á do existente sobre o arco triunfal da capela
maior, que maila os trazos xeométricos chega a perfilar elementos florais. O
óculo, por dentro e por fóra, decórase
cun motivo inusual: unha serie de rolos pequenos con gravado xeométrico no
extremo, que forman, xunto cos das portadas principais e sur de Santiago de
Allariz, un grupo singular e que ten como colofón, moito tempo despois, a súa
utilización na portada lateral da igrexa de Monterrei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario