12/11/16

Necesitamos a "curación de contidos"?


Debería comezar lembrando que é a “curación de contidos”? Seguro que o sabedes ben. Seguro que expresa ou implicitamente xa a estades a empregar. Das  varias definicións que deste barbarismo (nas ligazóns deste artigo poderedes atopar as súas orixes) circulan na redes poderíamos quedarnos coa que afirma, simplemente, que é “a selección de información que outros fixeron ou produciron sobre un tema” e que está exposta na rede (blogtiching)

Pero vos, benqueridos alumnos e alumnas, que sodes nativos dixitais (será certo?) necesitades formación no emprego da internet? Necesitades consellos e/ou formación sobre a busca, selección e restitución da información/formación que hai na rede?

Loxicamente o paso seguinte será discernir a calidade desa información. Pero… isto xa o facemos a cotío, ou non? Habitualmente seguro que comprobas a fiabilidade da fontes informativas na rede porque sabemos que hai unha serie de criterios que nos axudan a facelo. Xa que logo estamos a cumprir dous dos requisitos básicos das fases da “curación de contidos”, o filtrado das fontes informativas e da información e logo a súa análise. A seguinte fase sería a caracterización e, finalmente, a distribución da información selección.


Seguro que necesitamos a “curación de contidos”?

Eses proceso que máis ou menos implicitamente todos e todas realizades cando pescades na redes algunha información pode ser máis doado, produtivo e fiable empregando algunha das seguintes ferramentas (só vos poño as que me gustan ou emprego):

-Scoop.it: permítenos xuntar información, amosala e compartila.
-Pinterest: crea taboleiros sobre temas con información que imos seleccionando.
-Feedly, lector de feed.

Pero se queredes coñecer máis ferramentas visitade Educación 3.0 porque vos amosa case dúas ducias. E para repasar ide á vosa fonte preferida, a Wikipedia.


No hay comentarios: