31/10/16

A Esfinxe dos Naxos


Esfinxe de Naxos
Obradoiro Xonio. Mármore, Museo Arqueolóxico de Delfos

A Esfinxe de Naxos, é unha esfinxe que data do ano 575 - 560 a. C. e que foi esculpida polos habitantes da Illa de Naxos na Antiga Grecia.

A esfinxe procede da Illa de Naxos, aínda que foi unha ofrenda dos seus habitantes realizada no Templo de Apolo de Delfos, e orixinariamente situábase no alto dunha columna cun capitel xónico, situada ao sur do mesmo santuario duns 12 metros de alto.

O rostro do mítico monstro é feminino (unha koré), con grandes ollos abertos e beizos riseiros, en consonancia coas tendencias da escultura arcaica. A cabeza está coroada por unha cinta e as trenzas caen sobre os ombreiros, de onde comezan as elaboradas ás do paxaro. Na súa parte inferior reprodúcese o corpo dun león, cuxos detalles  estarían representados con policromía.

Hai uns certas dúbidas sobre o significado das esfinxes. Maioritaria mente acéptase que era unha protectora dos mortos , isto, cando menos durante a Grecia Clásica pois anteriormente hai quen as interpreta como animais depredadores.  Tamén hai quen afirma que segundo a mitoloxía clásica tiña a función de vixiar o Santuario de Apolo, propondo aos visitantes unha  adiviña e o que non fora quen de solucionala era asasinado. Ao estaren colocada sobre un pedestal, unha columna e por varias inscricións atopadas nas súas bases, hoxe enténdese que eran monumentos adicados a protexeren as tumbas e as persoas alí contidas. De tódolos os xeitos tamén poden representar a poles e aos seus habitantes coma comunmente é interpretada esta esfinxe dos naxios.



Fotos de Iniciarte (febreiro 2015)

No hay comentarios: