E para rematar esta primeira viaxe á Ribeira Sacra... Santa Cristina. A miña preferida.
Formando un dos conxuntos máis marabillosos que coñezo, xorde nunha inmensa carballeira, sobre o río Sil, o mosteiro de santa Cristina de Ribas de Sil.
Formando un dos conxuntos máis marabillosos que coñezo, xorde nunha inmensa carballeira, sobre o río Sil, o mosteiro de santa Cristina de Ribas de Sil.
Non están moi claras as orixes deste conxunto
arquitectónico. Parece que no século X debería de estar habitado ou polo menos
empregado como cemiterio pois hai lápidas desa época.
Mais será nos século XII e XIII cando este fermosísimo feixe de edificacións acade a súa máxima riqueza monumental.
Mais será nos século XII e XIII cando este fermosísimo feixe de edificacións acade a súa máxima riqueza monumental.
A fins do século XII comezouse coa construción dos edificios
que hoxe aínda podemos apreciar, para iso contouse coa protección real. A súa
condición de mosteiro sería suprimida no século XV e pasou depender do veciño
mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil non confundades coa igrexa de santo
Estevo de Ribas de Miño). Dende entón e ata as desamortizacións decimonónicas,
santa Cristina terá a condición de priorado e, posteriormente á súa
exclaustración ficou abandonado e milagreira-mente non derrubado.
A igrexa do misterio é de planta de cruz latina con tres
ábsidas semicirculares na cabeceira.
Ten, ademais unha espectacular torre
pegada ao muro norte que é algo realmente excepcional na arquitectura románica
galega.
Tamén é realmente de salientar a altura desta edificación… Estades a
ver o peculiar deste marabilloso conxunto?
Conta con esveltas xanelas na parte superior dos muros
laterais con capiteis de clara influencia mateana tamizada pola catedral
ourensá. Mais esta pegada compostelá non se desenvolve na cabeceira, no
cruceiro ou na metade inferior dos muros da nave nin tampouco na porta
occidental do templo polo que, moi probablemente, podan ser anteriores. Hai
unha cornixa que percorre o exterior da nave e sinala o inicio das ventas.
Na fachada é de salientar o espectacular rosetón que conta
con boceis e escocia con bólas e o menor con con follas radiais. A decoración
xeométrica organízase con lóbulos dispostos desde o círculo central, tamén
lobulado, no que se debuxa unha estraña cruz. Neste círculo central vense
diminutos arquiños de ferradura entre os que aparecen círculos de extremos
rectos, coma na arquivolta maior da porta sur da catedral de Ourense. Para
rematar coa decoración do rosetón podemos
apreciar catro floróns .
Para acceder ás dependencias do mosterio temos que pasar por
unha peculiar e preciosa porta de clara influencia, outra vez, da porta sur do
templo catedralicio ourensá.
A arquivolta de medio punto decórase con follas
radiais grandes que apoian sobre un par
de columnas acobadadas con capiteis de follas lisas, reviradas sobre si mesmas
nas esquiñas. Sobre esta arquivolta temos unha liña quebrada en zig-zag, motivo
xa empregado noutras edificacións
relativamente próximas como a de san pedro de Fiz do Hospital do Incio e
san Pedro de Bembibre.
Nesta mesma porta podemos ver catro lóbulos no
intradorso con unha figura en cada un
deles: no centro un pinxente, como en Ourense. A súa rosca está moi decorada
con motivos vexetais e florais. Nos ángulos, a xeito de ménsulas, hai unas
figuras sentadas que sosteñen no seu colo un libro aberto coas dúas mans. Unha
destas figuras é barbada e cruza as pernas. Ámbalas dúas teñen auréolas nas
cabezas. Son dunha feitura realmente salientable e dunha iconografía inusual
que leva aos especialistas a pensar que o seu autor xa traballaría previamente
na citada porta sur de Ourense.
Tras esta porta xurde, máxico, o claustro. Sinxelo e marabilloso. Un lugar que incita á paz...
Dentro deste marabilloso conxunto tamén son especialmente
salientables os capitais da base da torre xa que nun foron labradas unhas
preciosas follas con estrías profundas e co emprego do trépano nas beiras.
Noutro lado temos representadas unas arpías, elegantes e fermosas, cunhas
longuísimas colas que se lles enrolan arredor do pescozo. Ao fondo hai unas
follas lisas con perlas que resaltar aínda máis a calidade da labra. Ambos
cimacios foron decorados con palmas e cun talo ondulante, respectivamente.
E que engadir sobre os espectaculares canzorros...
Todas as fotos de INCIARTE:
Das pinturas da ábsida falaremos noutra ocasión.
Bibliografía: Ramón Izquierdo Perrín. “A arte protogótica” En Galicia. Arte Medieval (II). Vol IX. A Coruña, Hércules, 1993, pp. 208-211
Bibliografía: Ramón Izquierdo Perrín. “A arte protogótica” En Galicia. Arte Medieval (II). Vol IX. A Coruña, Hércules, 1993, pp. 208-211
3 comentarios:
Preciosa construcción en un paraje espectacular.
Cómo me alegrei de veres esta reportaxe!
Hai trinta anos que andiven por ai, vin este "mosteiro", íamos camiño de San Estevo. Foi moi de pasada, sen deternos apenas nada, por mor de que se nos facia tarde.
Aínda así, lémbrome do fermoso que era tanto o edificio coma a paisaxe. E tamén a mágoa que daba de velo abandoado.
Agora vin que está restaurado.
A porta é sinxelamente fermosisíma.
Saúdos.
He visto todas estas entradas sobre el Románico del Miño y del Sil y me han reavivado recuerdos de cuando estudié la carrera y los visité. Fue una gratísima sorpresa.
Como dato curioso y sorprendente, en Diomondi nos dejaron sacar un precioso Cristo gótico para fotografiar... hemos cambiado mucho en protección del patrimonio... a ver si se mantiene.
Y de Santa Cristina tengo un recuerdo añadido, mi hermano dirigió la reconstrucción.
Saludos
Publicar un comentario