2/12/13

San Martiño da Cova (O Saviñao, Lugo)


Esta capela románica e rural, está situada nun lugar realmente fermoso, sobre o impresionante Cabo do Mundo, o meandro que o Miño fai no lugar de Fión. Parece ser que formou parte dun antigo mosteiros dos Cóengos de santo Agostiño, hoxe desaparecido.

É dos século XII e XIII, xa que logo de construción algo serodia, a pesar do cal padeceu reformas posteriores. É de planta basilical dunha soa nave cuberta con bóveda de canón. A súa ábsida é grande e moi escura (só un van moi asaetado), está desenvolto en dous tramos, un recto e cuberto con bóveda de canón e outro semicircular con bóveda de cuarto de laranxa. A cornixa apóiase sobre canzorros xeométricos e sobre grosas columnas pegadas. En todo o seu perímetro exterior destacan os poderosos contrafortes.

 Na súa fachada destaca o arco de medio punto con arquivoltas de baquetón con columnas de fuste liso e capiteis de decoración vexetal. O tímpano é liso.

Debido a que ten unha orientación cara ao río nunha pronunciada pendente, no seu interior amosa tres niveis que son salvados por chanzos.sendo o máis sobranceiro o do presbiterio. Tamén conta no seu interior con pinturas do século XII nas que se representa á Santísima Trindade e con retablos dos séculos XVII e XVIII.

No hay comentarios: