"… O longo camiño percorrido cos seus debuxos preparatorios condúceo a rematar,
en xuño de 1907, a tea emblemática da arte moderna, As señoritas de Avignon, cadro que o converte no creador que o novo
século esperaba.
INTRODUCE A SEGUINTE NOTA AO PÉ DE PÁXINA:
Tras traballar en segredo durante máis de seis meses nas Señoritas de Avignon, Picasso desvela unha obra monumental, que
cuestiona os fundamentos da pintura derrubando as convencións, os xéneros
artísticos e a concepción do espazo. Trátase dun retrato en grupo, explícito e
provocador ata a crueldade, saturado de voierismo. A elección do tema xa é, por
si mesma, perturbadora, posto que se trata da representación dunhas prostitutas
que esperan aos seus clientes no salón dun bordel de principios de século (XX).
Ademais do seu aspecto impúdico e chocante para a época, o cadro é innovador na
súa composición e na construción do espazo pictórico. Logo de asimilar os
recentes descubrimentos de Cézanne e dos fovistas (sic), Picasso lánzase, á súa
vez, á reconstrución de planos sucesivos, ocultando así calquera forma académica
e destruíndo a perspectiva tradicional. O canon estético é profanado; todo
queda dito brutalmente, sen reviravoltas. O tema do espido, tan corrente na
pintura, reviste agora unha forma máis crúa (xa iniciada por Courbet e Manet),
na que calquera alegoría queda disimulada e na que o ollo do espectador está
enfrontado á mirada fixa das prostitutas.
O TEXTO CONTINUA DA SEGUINTE FORMA:
Con todo, a tea non será exhibida ata
nove anos máis tarde. Só algúns privilexiados ven a obra no estudo. A maioría,
nada seducidos, búrlase dela e lanzan sarcasmos: ata Leo Stein, Derain
Apollinaire ou Braque, a quen lle debemos esta famosa observación: "A pesar das
túas explicacións, ¡a túa pintura é coma se obrigar a comer estopa e a beber
petróleo para chuspir lume!". Fernande (Olivier) nin sequera menciona o gran
cadro nas súas memorias. Ninguén descubre o que encerra? Gertrude Sein é a
única, ou case, que se extasía e capta o momento histórico.
Páx. 51.
INTRODUCE A SEGUINTE NOTA A PÉ DE PÁXINA:
A finais de 1921, aconsellado por Endré Breton, Jacques Doucet comprou
inmediatamente, a crédito, a tea a Picasso. As
señoritas de Avignon foi vendida pola súa viúva, en 1937, a Jacques
Seligman por 150.000 francos (68.500 euros), e logo adquirido por 28.000
dólares polo Museo de Arte Moderna de Nova York, grazas a unha doazón privada
de 10.000 dólares e á venda dunha tea de Degas, Le Cham de course. ¡Era a
primeira vez que o museo desprendíase dunha obra (a decisión da compra non foi
oficial ata abril de 1937, tras a venda do Degas)! En 1990, con motivo da
exposición “Picasso and Braque,
pioneering Cubism”, a obra foi valorada en “polo menos” 500 millóns de
francos (máis de 75 millóns de euros). Hoxe en día o seu prezo é inestimable."
Páx. 71.
Finalmente neste vídeo poderedes contemplar un bo resume desta obra imprescindible da pintura contemporánea:
No hay comentarios:
Publicar un comentario