20/9/11

A Cova da Moura (Noia)

Hai xa moitos anos, tiven unha boa temporada interese polo megalitismo galego: fotografías, diapositivas e varias horas de filmación en VHS. Este verán volvín á Anta de Argalo en Noia, tamén coñecida como a Cava da Moura. Afortunadamente, este dolmen, foi declarado Ben de Interese Cultural (B


Nas fotos pódense apreciar os restos do túmulo de terra e pedra que cubría e protexía a anta. Como foi violada varias veces (lembranza para Vázquez de Orxas a quen Filipe II autorizou en 1609 para valeirar de tesouros as tumbas dos “xentís galigrecos” ) desapareceu o túmulo da entrada principal. 
Hai xa moitos anos, tiven unha boa temporada interese polo megalitismo galego: fotografías, diapositivas e varias horas de filmación en VHS. Este verán volvín á Anta de Argalo en Noia, tamén coñecida como a Cava da Moura. Afortunadamente, este dolmen,  foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) pola Consellería de Cultura.

Nas fotos pódense apreciar os restos do túmulo de terra e pedra que cubría e protexía a anta. Como foi violada varias veces (lembranza para Vázquez de Orxas a quen Filipe II autorizou en 1609 para valeirar de tesouros as tumbas dos “xentís galigrecos” ) desapareceu o túmulo da entrada principal. Este túmulo como case todos os dolmens da noroeste (Parxubeira, Dombate…) estaba protexido por un coiraza de pedras.


A pesares das reiteradas violacións, nas escavacións realizadas legalmente en 1980 apareceron un coitelo de sílex, puntas de frechas, machados, restos cerámicos e tan só un idoliño. Pouco material…



A cámara é poligonal, formada por sete ortostatos, mide algo máis de tres metros por 2,90, tendo a entrada orientada ao leste. A altura do maior ortostato é de 2,40 e o menor de 1,75 metros. Parece ser que a tampa ou a lousa da cuberta mediría entre 3,40 e 3,70 metros de forma case circular e desaparecida nos primeiros anos do século pasado.



Curiosamente na actualidade hai ao seu carón o novo cemiterio municipal de Noia.
A pesares das reiteradas violacións, nas escavacións realizadas legalmente en 1980 apareceron un coitelo de sílex, puntas de frechas, machados, restos cerámicos e tan só un idoliño. Pouco material…
A cámara é poligonal, formada por sete o

Curiosamente na actualidade hai ao seu carón o novo cemiterio municipal de Noia.


1 comentario:

clariana dijo...

Es interesante lo que explicas, lástima de esa autorización de Felipe II para remover ese lugar buscando no sé qué tesoros...
Espero que actualmente con esa declaración de Patrimonio de la Humanidad y el cementerio próximo al lugar, no se repitan las violaciones.
Saludos.