9/3/11

Pepe Galán e o monumento aos fusilados no Portiño (A Coruña)

Tal día como hoxe, 9 de marzo, pero de 1937 foron detidos 20 homes nas aforas da Coruña, no Portiño... Sete meses despois, o 9 de outubro, ás 6 da mañá, dezaoito serían fusilados en Punta Hermina despois dun Consello de Guerra (lembrade a existencia dun fermoso monumento a todos os fusilados neste lugar, preto da Torre de Hérccules). Tiñan entre 19 e 32 anos. Vexamos que aconteceu e porque INICIARTE quere contarvos esta historia.

Monumento ás vitimas do Franquismo no Campo da Rata de Punta Herminia (A Coruña)


Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de Franco e o s
eu trunfo na Coruña uns días despois. A represión organizada polos militares golpistas foi durísima. O encargo de facela tivo unha praza dedicada na Cidade Vella coruñesa ata hai uns meses. Non quero escribir o seu nome. Ler os seus bando de orde público son como recibir una bofetada na faciana historia da comunidade. A pesar da represión, algunhas organizacións obreiras puideron organizar algunha fuxidas a territorio republicano. Unha dela, a a anarquista “Sociedad de Marineros, Fogoneros y Patrones El Despertar Marítimo”, que xa organizara a fuxida de máis de trinta anarquistas a Asturias, convocou a vintecatro seguidores a unha xuntanza clandestina no Monte de san Pedro co obxectivo de planificar a fuxida. Mais a Garda Civil tiña perfectamente controlada a xuntanza, detendo a case todas as persoas agás a catro que se tiraron ao mar desde unha considerable altura (algún deles consta que acadaría o seu obxectivo algún tempo despois). O resultado… outros dezaoitos fusilados.

Se queredes saber máis sobre este acontecemento podedes ler o libro de Luis Lamela García. Estampas de injusticia. La Guerra Civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Sada, O Castro, 1998.

Ata aquí a historia. Imos agora coa arte.

O escultor coruñés Pepe Galán, que conta con algunha obra moi coñecida pola cidadanía (A copa do Sol) ao ter participado no Parque Escultórico da Torre de Hércules (lembrade unha introdución a este conxunto feita hai algún tempo en INICIARTE), foi o artista escollido para facer unha lembranza artística a esas persoas fusiladas. No seguinte vídeo poderedes coñecer a argumentación do propio escultor sobre esa magnífica intervención na paisaxe do Monte de san Pedro, no Portiño. No deixedes de visitar a páxina web de Pepe Galán. Paga a pega coñecer aos artistas que temos máis preto de nós.






Foto de Pepe Galán vía Antón Castro. As outras fotos son de INICIARTE.
NOTA: Na placa conmemorativa afírmase que a detención foro o 3 de marzo.

No hay comentarios: