Sandro Botticelli. O nacemento de Venus
1485, Témpera sobre lenzo, 1,72x2,78 m.
Galería dos Uffizi, Florencia
1485, Témpera sobre lenzo, 1,72x2,78 m.
Galería dos Uffizi, Florencia
Tras a realización en bronce do David de Donatello en 1430 (primeiro espido masculino do renacemento) houbo que esperar ata 1486 a que un pintor se atrevera á pintar unha figura humana espida. Nesta ocasión unha muller e case a tamaño natural fronte ao pequeno heroe de Donatello (gran escultor e mellor tartaruga ninja). Unha muller que xa non é a pecadenta Eva, nunha obra sen contido relixioso.
Por fin un espido feminino, esquezamos a puderenta e arrepentida Eva do políptico do Año Místico dos van Eyck, onde a protagonista amosa orgullosa o seu corpo, realizado tras minuciosos estudos anatómicos e con fonda influencia dos canons clásicos:
-a distancia entre os pezóns é igual á distancia entre o peito e o embigo que, á súa vez, hai ata as pernas;
-emprégase o contraposto ao cargar todo o peso corporal nunha soa perna, elevando unha cadeira ao tempo que encolle un brazo e estira o contrario.
Mais porque un pintor de fonda tradición relixiosa, exitoso coas súas madonas e santos, atrévese a pintar unha “mitoloxía”, unha lenda da antiga Grecia? Tras lembrar que Botticelli faría outras tres obras de contido mitolóxico, debemos explicar iconograficamente o contido, aparentemente sinxelo, desta obra:
“Venus é a deusa do amor e o seu nacemento débese aos xenitais do deus Urano, cortados polo seu fillo Cronos e arroxados ao mar. O momento que presenta o artista é a chegada da deusa, tras o seu nacemento, á illa de Citera, empuxada polo vento como describe Homero, quen serviu de fonte literaria para a obra de Botticelli. Venus aparece no centro da composición sobre unha enorme cuncha; os seus longos cabelos louros cobren as súas partes íntimas mentres que co seu brazo dereito trata de taparse o peito, repetindo unha postura típica nas estatuas romanas das Venus Púdicas. A figura esbrancuxada acompáñase de Céfiro, o deus do vento, xunto a Aura, a deusa da brisa, enlazados ambos os personaxes nun estreito abrazo. Na zona terrestre atopamos a unha das Horas, as deusas das estacións, en concreto da primavera, xa que leva o seu manto decorado con motivos florais. A Hora espera á deusa para arroupala cun manto tamén floreado; as rosas caen xunto a Venus xa que a tradición di que xurdiron con ela.”
A gran novidade desta obra é a temática posto que técnicamente non amosa moita evolución con outras obras deste artista ou mesmo con respecto a outras coetáneas a non ser que lembremos que o primeiro lenzo en gran formato coñecido na Toscana. A Afrodita/Venus dos gregos e romanos foi venerada nas épocas clásica. Mais desde a extensión do cristianismo por Europa o seu seguimento foi a menos ata que mesmo desaparecerá practicamente na Idade Media xa que era considerada como a deusa pagá da luxuria e da vida pecaminosa. A pesares de que xa na segunda metade do século XV a figura de Afrodita non era descoñecida (restos arqueolóxicos, camafeos antigos, edicións impresas de textos clásicos…) non tivo que ser doado para Botticelli buscar a inspiración. Ademais, como amosamento dos seus coñecementos da filosofía neoplátonica e dos textos de Marsilio Ficino), o mestre puido argumentar contidos cristiá nesta obra pagá. Deste xeito, as rosas do cadro era asociadas á Virxe María desde a Idade Media, ao igual que a cuncha que tamén aludía á virxindade (en relación con Venus asociábase á fertilidade, ao pracer e á sexualidade.
Mais como é posible que un fillo dun curtidor tivera uns coñecementos tan claros da mitoloxía e das novas correntes humanistas? Sen dúbida o seu amigo, poeta e humanista, Angelo Poliziano e o filósofo Marsilio Ficino tiveron que influír á hora de darlle contido a esta obra. Ademais o gran tratadista Leon Battista Alberti xa escribirá como tiña que ser pintado Céfiro, coa boca fincada e soprando para que as “roupaxes, movidas polo vento, ondeen graciosamente no aire” e todos os cabelos “deben formar remuíños como se quixeran enredarse ou ondear no aire, parecidos as chamas, ou retorcerse entre si ao igual que as serpes”.
Os entrecomillados proceden de Rose Mari Rainer Hagen. Los secretos de las obras de arte. Taschen, 2002, páx. 92-97.

Desde un punto de vista técnico, nesta peza á témpera, predominan as cores suaves, con liñas negras marcando as formas, cunha luz uniforme e, mentres as figuras femininas destacan pola súa palidez, o Céfiro está algo moreniño. As figuras están modeladas superficialmente e como se estiveran pegadas sobre un fondo, dando unha certa aparencia de irrealidade. É un cadro pechado nos seus extremos e equilibrado na súa composición.
Finalmente unha dúbida. Se o noso pintor foi un dos seguidores de agresivo Savonarola quen no martes do entroido de 1497 mandara queimar todas as obras de arte de “contido lascivo na fogueira das vanidades", como foi posible que se salvara este espido feminino? Suponse que a solución está relación co destino da obra (non vou lembrar agora polo miúdo por todas as mans que pasou o cadro ata chegar ao Uffizi). Probablemente a obra salvouse da queima “purificadora” por estar nalgunha vila das aforas de Florencia.Os entrecomillados proceden de Rose Mari Rainer Hagen. Los secretos de las obras de arte. Taschen, 2002, páx. 92-97.
Créditos das imaxes: Nacimento de Venus, Rostro de Venus, Céfiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario