Parece ser que as orixes do mosteiro temos que relacionalas coa doazón do nun nobre apelidado Armentaria que quixo edificar un convento nas súas terras (Meis, Pontevedra) adicado a santa María e baixo as regras do Cister. O mosteiro construíuse a partir de 1150 e, segundo consta nun piar, a igrexa foi iniciada dezaoito anos despois, sendo rematada no 1212 segundo se pode ler no pórtico. Pódese salientar a lenda do primeiro abade, don Ero que foi recollida nas cantigas de Afonso X : “Como Santa María fece estar o monxe trescentos anos ao canto da pasariña, porque lle pedía que lle mostrase qual era o ben que habían os que eran en paraíso”.
En 1624 o frade Dionisio Duarte publicou La relación escrita del convento de Armenteira onde recolle a historia do mesmo ata o século XVII, destacando as importantes doazóns recibidas que abranguían moitas propiedades do val do Salnés. A desamortización rematou cos seus dominios. Co paso do tempo foi ficando na ruína ata que mediados os anos oitenta do pasado século e grazas ao labor da asociación “Amigos de Armenteira” púidose recuperar toda a edificación que na actualidade continua funcionando como templo parroquial e albergaría.
A igrexa é una importante mostra da arte románica do século XII. Mentres que en Oseira e Melón a influencia da catedral de Santiago era evidente nas complexas cabeceiras das igrexas, en Armenteira (Meis, Pontevedra) a débeda coa arquitectura románica en xeral é máis clara ao posuír unha planta similar á de outros templos.
Conta con planta de cruz latina, tes naves de catro tramos no brazo maior e tras ábsidas semicirculares. A nave central e os brazos do cruceiro teñen bóveda de canón apuntado, as dúas naves laterais bóvedas de aresta e no cruceiro destaca una cúpula sobre trompas e arcos pareados e diagonais de inspiración mudéxar (única en Galicia). A bóveda das ábsidas é de canón apuntado rematadas en cuartos de esfera. Hai arcos formeiros apuntados, pequenas xanelas. Escasa ornamentación interior. Na cabeceira dispóñese tres capelas de remate semicircular.
Conta con planta de cruz latina, tes naves de catro tramos no brazo maior e tras ábsidas semicirculares. A nave central e os brazos do cruceiro teñen bóveda de canón apuntado, as dúas naves laterais bóvedas de aresta e no cruceiro destaca una cúpula sobre trompas e arcos pareados e diagonais de inspiración mudéxar (única en Galicia). A bóveda das ábsidas é de canón apuntado rematadas en cuartos de esfera. Hai arcos formeiros apuntados, pequenas xanelas. Escasa ornamentación interior. Na cabeceira dispóñese tres capelas de remate semicircular.
Na fachada occidental destacan as arquivoltas semicirculares apoiadas en seis pares de columnas de fustes lisos con basas de tipo ático e un imponente rosetón calado que vai sobre o tornachuvias. Esta fachada é a única que recibe un tratamento ornamental. Está dividida en tres rúas por contrafortes prismáticos dobre e de remate graduado. As xambas da porta moldúranse con boceis que deixan unha media cana intermedia na que se labraron grupos de cinco bolas pequenas dispostas en cruz. No ccorpo alto abrése o fermoso rosetón con óculo decorado con xadrezado. A súa decoración xeométrica nace dun círculo central lobulado e a partir del, dispóñense de maneira concéntrica círculos e outras composicións circulares de tipo floral. Nos extremos da fachada e aproveitando os grosores dos muros, construíronse escaleiras de caracol.
No lateral norte ubícase o claustro e no sur un muro con contrafortes.
No lateral norte ubícase o claustro e no sur un muro con contrafortes.
O claustro, cadrado, foi inciado no século XVI e rematado no XVIII.
2 comentarios:
Cuanto alegra mi triste corazón desterrado oir hablar de mi querido Melón y de Oseira...¿ Conoces el monasterio de Ferreira de Pantón en la Ribeira? Estuve hace poco porque tenía fama -bueno, en realidad al spa de Augas Antas- pero me decepcionó sobre manera. ¿ Conoces Oia, cerca de Baiona? No lo he visitado -mira que habré pasado veces en bici- y no sé si merece la pena...
Buenísimos reportajes. Ole!
Hola Javier. Gracias por el comentario. No conozco el de Ferreira pero si otros de la Ribeira Sacra, destacando el de Santa Cristina. Espectacular.
La situación del de Oia es inmejorable pero su estado... una tristeza. Claro que merece la pena. Saludos
Publicar un comentario