26/11/10

A Xiralda de Sevilla: de minarete a icona da cidade


Na cima da torre da catedral de Sevilla podemos ver unha representación da Fe, en forma de muller vestida pola vella clásica romana cun escudo nunha man e unha palma na outra. Ademais é un catavento xiratorio. Por iso denominouse Xiralda á torre e á estatua. Actualmente coñécese á torre como Xiralda e á representación escultórica como Xiraldillo.

Situada nun estremo do Patio dos Laranxos, orixinariamente esta edificación foi minarete da mesquita de Sevilla, sendo no seu día,segundo conta, a torre máis alta do mundo e tras engadidos chega aos 97 metros de altura (101 co Xiraldillo).

Foi mandada edificar en 1184 polo califa marroquino Abu Yacub Yusuf e deseñada por Gever. Da súa edificación foi encargado Ahmed Ben Baso quen xa construiría outros alminares semellantes no norte de África (Marrakech, Rabat). As obras remataron no 1198. Como a romana Torre de Hércules, en realidade son dúas torres cunha rampla, de 35 tramos, entre elas, e a través da cal o muecín subía a cabalo para chamar á oración. A torre interior, que actúa como gran machón central, non é macizo senón que ten sete habitacións superpostas.

Debe o seu valor artístico á eficacia con que se resolveu o problema estrutural da súa altura e á súa excepcional decoración ao empregar o ladrillo tanto como elemento construtivo como decorativo.

Para a súa cimentación e nos primeiros tramos empregáronse restos romanos, mesmo actualmente apreciables na rúa Placentines. A súa altura orixinal era de 76 metros e estaba rematada con catro grandes bolas douradas que podía ser vistas a máis de 40 quilómetros de distancia. É de planta cadrada de 13,6 metros.

Na súa decoración exterior presenta muros lisos nos primeiros metros con vans de arcos lobulados e de ferradura con alfices. O seguinte do bloque decorativo ten tres rúas, a central coas xanelas con parteluces, de orixe romanas, enmarcadas polos alfices e as laterais con arquearías cegas e panos de sebka, formando o fermoso tapiz de rombos.
Conta a lenda que cando os musulmáns estaban tratando de redactar as súas capitulacións pretenderon que se lles permitirá derrubar o minarete, o infante don Afonso respondeu cunha frase famosa “Por un ladrillo que lle quitaren os pasaría a todos a coitelo”.

No século XVI, xa en época cristiá, foi engadido un corpo para 25 campás, sobre o que se asenta o terceiro con catro xarras de azucenas de bronce nas súas esquinas. O último corpo, de arquitectura renacentista, culmina a edificación coa representación da Fe, coñecida popularmente como Xiraldillo (de dúas toneladas e catro metros de altura)

Como curiosidade, e ao igual que outros importantes monumentos, a Xiralda tivo outros usos como foron: vivenda para o alcaide da torre e dos campaneiros, graneiro, lugar de rogativas (en 1626 pregouse que deixara de chover despois de 40 días de facelo dun xeito continuo), catavento, reloxo, atalaia, pararraios ou luminaria.




Entrada dedicada a Paco Hidalgo, docente e blogger sevillano.

1 comentario:

PACO HIDALGO dijo...

Para mí, la Giralda es uno de los edificios más soberbios del mundo; como domina, imponente, con cerca de 100 metros de altura, tan estrecha, un entorno tan horizontal, como es el centro de Sevilla. Y el Patio de los Naranjos es otra maravilla de conjunción entre arquiectura y naturaleza. Los paños de sebka, los arquillos entrelazados, la solidez arquitectónica, todo te envuelve y te embruja en la Giralda. Lástima que tumbaran la mezquita para hacer la colosal catedral. Excelente resumen de lo que fue y lo que es el antiguo alminar de la Mezquita sevillana. Un abrazo, Antonio.