14/10/10

Cartago (I): unha introdución

A actual Cartago, ás aforas de Tunicia, ten a súa orixe na coliña de Birsa e etimoloxicamente o nome equivale a “cidade nova” no idioma orixinal dos seus primeiros poboadores, os fenicios. A lenda conta que a súa extensión foi a equivalente a aquela que se pode abarcar cunha pel de touro (¿) Que si, que si. Como? Pois cortando a pel en tiras moi finas. Segundo Virxilio, o novo asentamento foi construído no 814 a.C. a ao ampliar constantemente a súa influencia comercial chegou ser un forte rival, no século IV, para Roma e Atenas.
Fotos da Colina de Birsa


Na actualidade pódese contemplar a escavación arqueolóxica efectuada por unha misión francesa a partir de 1973. A zona arqueolóxica, protexida, ten unha superficie de 600 hectáreas. No cume da coliña aséntase o Museo Nacional de Cartago.
Fotos do Museo Nacional de Cartago


Segundo a Wikipedia: "A cidade de Cartago desenvolveu un gran Estado baixo o seu poder. Nos seus inicios, o territorio cartaxinés comprendía só a cidade e unha pequena área duns 50 km². No século VI a. C. os cartaxineses foron ocupando un territorio entre 30.000 e 50.000 km², que constituíu a base do Estado Cartaxinés. Partindo desta área, que se adoita denominar metropolitana, expandíronse para crear entre os séculos V e III a. C. un imperio mercantil marítimo, aproveitando as factorías e cidades existentes fundadas polos fenicios, ou establecendo outras novas, en Hispania, Sicilia, Sardeña, Eivissa e no norte de África, consolidando ademais o seu poder sobre Numidia e Mauritania. No seu apoxeo foi a primeira potencia económica e militar no Mediterráneo occidental. A República Cartaxinesa enfrontouse á República Romana pola hexemonía, sendo derrotada no 146 a. C., o que comportou a desaparición do estado cartaxinés e a destrución da cidade de Cartago.


Cartago estaba situada nunha península comprendida entre o golfo e o lago de Tunisia. A cidade estaba protexida por unha tripla muralla, cada sección contaba con 25 m de altura e uns 10 m de anchura, situada no istmo, a uns 4 km do mar. A propia muralla tiña cuarteis con capacidade para albergar a 20.000 infantes. O deseño urbanístico e a arquitectura eran unha mestura de modelos con antecedentes sirio-palestinos de tipo predominantemente orgánico e de modelos de lóxica hipodámica, en parte creada pola súa propia práctica da construción e, en parte, sobre todo na súa última fase, por influencia grega e helenística".


Capital do reino Vándalo. Bizantina. Musulmá. Conquistada polo pirata Barba-vermella ou polas tropas de Carlos V. Forma parte de Tunisia desde a súa independencia.

Desde entón Cartago empezou a adquirir unha gran importancia arqueolóxica, dando lugar á gran campaña internacional de escavacións para salvagárdaa de Cartago de 1975. As ruínas de Cartago foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1979. Entre as pezas arqueolóxicas achadas hai restos vándalos, bizantinos e, sobre todo, romanos, pero tamén apareceron obxectos púnicos. Alí atoparon algúns dos máis belos e mellor conservados mosaicos da antigüidade, que datan da época romana e atópanse no afamado Museo do Bardo da capital tunisiana.
Fotos do Museo do Bardo


Na actualidade a península onde se situaba a antiga cidade é parte dun suburbio residencial luxoso da cidade de Tunisia, o que se asentaron varias embaixadas estranxeiras. Tamén está situada neste emblemático lugar a residencia do presidente da República Tunisiana.

Porto de Cartago en 3D




Fotos: Iniciarte

No hay comentarios: