"Grecia é unha "península de mármore", onde tamén abunda a pedra calcaria máis basta. Unha das variedades de pedra calcaria das chairas de Argos podía traballarse máis facilmente para formar bloques irregulares que constitúen a típica mampostería "poligonal" nos muros das terrazas e fortificaciones. Outra variedade de pedra que abundaba na zona máis setentrional e occidental do Peloponeso tiña unha superficie rugosa e numerosas cavidades, que constituían unha boa base para o enlucido final. Este mármore menos atractivo utilizábase comunmente como material para a construción de edificios públicos. Pero o Partenón e outros monumentos erixidos na Acrópole durante o século V eran de mármore do Pentélico, que se extraía nas canteiras do monte Pentélico, situadas a uns 15 Km. ao nordés de Atenas. O mármore do Pentélico diferenciábase doutros tipos de mármore que se poden atopar en Grecia pola súa lixeira tintura de ferro, que ao quedar exposto ao aire produce a pátina dourada que admiramos no Partenón. O mármore branco utilizado polos antigos escultores e arquitectos gregos, o mármore de Paros, unha illa da Cícladas do Egeo, carece desa tintura de ferro, ten cristais transparentes de maior tamaño e conserva a cor co paso do tempo. As calidades especiais do mármore do Pentélico axudan a explicar a elegancia do Partenón e doutros templos da época clásica, grazas aos seus cantos afiados, e a súa superficie lisa que permiten conseguir unhas xuntas perfectamente axustadas, así como ás sutilezas que presenta aos ollos de quen o contempla".
D. J. BOORSTIN. Los creadores. Barcelona, Ed. Crítica, 1994.
D. J. BOORSTIN. Los creadores. Barcelona, Ed. Crítica, 1994.
Lido en Cnice.
Imaxe do Erecteion da Acrópole de Atenas: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario