12/3/10

Gaudí a Casa Milá (I): Unha introdución

Iniciamos hoxe unha serie de entradas adicadas ao arquitecto Antoni Gaudí e a unha das súas obras máis recoñecidas, A Casa Milá. Como debemos comezar polo principio, farase primeiro unha introdución contextualizadora do personaxe e da súa obra.

CONTEXTO

-Barcelona de rápida industrialización, cuadriplicado a súa poboación en 25 anos e como escenario dunha violenta loita de clases.

-A igrexa católica emprendía unha vigorosa acción de rearme moral e propaganda para recuperar a influencia perdida durante a primeira metade do XIX.


Os obxectivos políticos e ideolóxicos da burguesía, dos intelectuais catalanistas e dun importante sector da Igrexa coincidirán plenamente.


Gaudí estivo inmerso nese ambiente. Do laicismo militante irá optando por un sentido da caridade cristiá e do paternalismo dos patróns ilustrados. A Sagrada Familia formaba parte dese intento de integrar a tódolos fieis nunha “familia” tutelada pola Igrexa e gobernada polo capitalismo.


BIOGRAFÍA

15-III-1878: obtén o título de arquitecto. Neste ano coñece, dun xeito casual, ao rico industrial Eusebi Güell Bacigalupi, iniciándose unha relación moi produtiva.


1883: recibe tres encargos: A Casa Vicens, o Capricho de Comillas e a Sagrada Familia de Barcelona.


80’ e 90’: traballa moito e vaise converter no arquitecto máis famoso de España.

Presta moita atención á artesanía e ás artes aplicadas á arquitectura: ferro forxado, moldes para revocar superficies, mosaicos de louza e cerámica fragmentada (en catalán “trencadís” ou quebradizo).


1903-14: Intervén na catedral de Mallorca.


7-VI-1926 É atropelado por un tranvía cando ía a confesarse. Tiña 74 anos.


TRES ETAPAS

1ª “Obras-Manifesto” e a iniciación do Modernismo Catalán: co características coincidentes cos ”modernismos” europeos: novidade, ruptura, xuventude, liberdade, modernidade. Son obras de acusada riqueza e variedade cromática e volumétrica.


Predominio dunha acusada austeridade cromática con presencia de texturas e cor dos materiais naturais. Evocacións medievalistas en canto a linguaxe e forma; creatividade e invención polo que se refire a modulación do espazo interior. Supresión total de calquera revestimento cerámico, para deixar que sexan os propios materiais construtivos: pedra e ladrillo nos seus diversos aparellos os que outorguen a súa máis inmediata significación plástica ao exterior dos edificios. Son obras de peculiar linguaxe goticista mais afastado de formulacións hispánicas e nos que ademais despreciou o entorno nos que estaban situados.


3ª Xurdimento de novas formas expresivas, tanto desde o punto de vista formal como do espacial. Pleno dominio dunha linguaxe nova e propia. Non ofrece referencia a estilo históricos, se ben Gaudí admira moito o barroco no que se refire ao tratamento das fachadas e a fluidez dos espazos interiores.




1 comentario:

clariana dijo...

Gaudí és abans que res, un gran arquitecte que va dedicar la seva vida primordial i exclusivament a l'arquitectura, al seu treball. Vivia molt austerament i tot el que tenia ho dedicava a la seva obra. Estimava la natura.
Gràcies per recordar-nos aquest senzill i gran personatge.