25/5/09

Frank Lloyd Wright: As "Prairie House" (I)

Por que Frank LLoyd Wright foi un arquitecto moi salientable na historia da arquitectura contemporánea? Seguramente por moitas causas pero gustaríame sinalar, hoxe, especialmente unha. Porque o panorama da arquitectura norteamericana de finais do XIX e principios do XX era un pastiche de estilo eclécticos que desenvolvía modas e estilos sen ningunha relación coas técnicas construtivas nuns intres em que se estaba a experimentar con transformacións revolucionarias. Xorden novos materiais de construción e se desenvolvían novos métodos de transformación para os materiais antigos. Pois ben, unha persoa clave en dotar á arquitectura dos EUA dunha lingua formal de seu e de unila coas novas técnicas construtiva foi Wright, amosándoo nas súas “Prairie House”.


Dentro das obras deste arquitecto son moi salientables as denominadas “Prairie House” que designa a un tipo de vivendas deseñadas por Wright entre 1900 e 1911. Por certo, o arquitecto nunca empregou o termo de “Casas da Pradería” para referirse a este conxunto de edificacións.


Nós, os habitantes do Medio Oeste vivimos na pradería. A pradería ten unha beleza moi característica. Debemos recoñecer e acentuar esa beleza natural, a súa tranquila extensión. De aí os tellados de liixeira pendente, as pequenas proporcións, as apacibles siluetas, as chemineas macizas, os saledizos protectores, as terrazas baixas e os muros adiantados que limitan pequenos xardíns”.

Publicado en Architectural Record, marzo de 1908.

Amaba a pradería de xeito instintivo, pola súa extraordinaria sinxeleza: as árbores, as flores, o mesmo ceo, un contraste excitante. Decatábame de que, na pradería, calquera pequena altura semella moi grande: calquera saínte cobraba unha importancia enorme, mentres que a anchura era menos importante... Eu tiña a idea de que os planos horizontais das casas formaban parte do chan. E comecei a poñer por obra esta idea". An Autobiography. 1952, páx. 124.

Entón non nos pode sorprender que a liña horizontal, longa e prolongada, así como a escas altura, os amplos saledizos e os teitos con lixeira pendente sexan unhas das características desta obras de Wright. Pero outras características gardarán relación co emprego dos materiais: por unha banda materiais naturais (pedra, madeira), tradicionais (ladrillo) e os mais innovadores (formigón armado). Materiais empregados combinados con pureza, humildade, unidade e sinxeleza. Tiña tal admiración pola natureza que buscaba a integración dos seus edifcios nela (outra visión sería que pretendía dominala cono na (Fallingwater) para que as persoas poiden experimentala e participar das marabillas do seus contorno natural.

Ademais teríamos que engadir o concepto de espazo interior tan fundamental para comprender a súa obra. Un espazo en expansión, de dentro a fora. Un espazo sempre a escala humana:

Sempre me temo referido a unha arquitectura mais “humana”. Por iso quero intentar explicar que significa para min, como arquitecto mais humana. Como na arquitectura orgánica, a calidade humana residen dentro do home. (...) Igual que a luz solar envolve os obxectos indefensos, revelando a súa forma e a súa expresión, unha luz correspondente, que ten por símbolo o sol, xurde da obra inspirada da humanidade. É a garantía de que a arquitectura, a arte, a relixión do home son todo un: os seus emblemas simbólicosA Testament. 1957

As citas proceden de Bruce Brooks Pfeoffer. Frank Lloyd Wright. 1867-1959. Construir para la democracia. Taschen, 2004.

Créditos das ilustracións de Wright e da Casa Robie.

Desde esta ligazón poderedes acceder a unha serie de dez vídeos sobre o arquitecto.

No hay comentarios: