20/11/08

A Arte Islámica: a imaxinación abstracta na decoración



"A prohibición de imaxe, aínda que teórica, influíu no espírito dos artistas musulmáns, ou máis ben correspondeu a determinada tendencia. Levounos a fuxir da imitación da natureza, invitándoos a esaxerar os aspectos xeométricos e a obedecer unha lei de simetría que facía ás follas prisioneiras das curvas concibidas por unha imaxinación desbordante. Non considerar o modelo vivo era todo un problema; o debuxante pechábase en si mesmo para crear unha obra de arte e non miraba no seu contorno. Os musulmáns cultivaron unha arte de visionarios, non de observadores. De aí sae esa fauna, ás veces heráldica e ás veces tan fantástica, case descoñecida pola natureza.


O seu canon de beleza inspirouse uniformemente nas mesma preferencias. Vemos como o realismo cede sitio á estilización. (…) En xeral os musulmáns inspiráronse no repertorio bizantino, co acanto, a viña e os pámpanos.

Se estas decoracións florais, polas súas harmoniosas curvas, son un elemento de movemento, a xeometría nos leva á calma e á inercia. Este xénero decorativo non foi inventado polo Islam pero ía ser tratado con progresos inesperados.

(…) Atopamos entrelazados en trenza ou en nó, espirais, rodas, zigzags, franxas ou arquivoltas en dentes de serra, etc. A ornamentación ten predilección polas combinacións de polígonos, estando presentes en tódalas partes, nas paredes, nas portas, nos mihrabs, en todos os obxectos, nas miniaturas coránicas.

(…) Ante todo acumulación, pois a arte musulmán ten horror ó baleiro; sen embargo nestas composicións non se podería quitar nada sen danar a harmonía do conxunto.
(…) Rexeitase a innovación por un dobre motivo: sería unha ruptura coa tradición e un desafío á comunidade."


Gaston Wiet. "El Islám y el arte musulmán". En El Arte y el Hombre. Vol 2, páx.73-74
Fotos de INICIARTE: Detalles do Xeneralife de Granada.

2 comentarios:

Ana dijo...

Estupenda referencia al arte islámico de uno de los clasicos en la bibliografía de la Historia del Arte.
Tu blog tiene una enorme vitalidad.
Me asombra tu capacidad de trabajo...¿De dónde sacas el tiempo?
Para mi al día le faltan muchas horas, me cuesta abarcar todo lo que deseo.
¡Mil enhorabuenas!

Antonio Martínez dijo...

Grazas Ana. Sen emgargo levo unha temporada pensando que estou facendo demasiadas cousas e sen ter a sensación de facer ningunha ben. Saúdos