Óleo sobre lenzo, 54,2x73 cm. Colección Richard S. Zeisler. Nova York.
Bicos dunha muller e dun home cubertos cun velo. Estas figuras estarán presentes en moitas máis obras surrealistas do pintor. Podería aludir á aparición da súa nai morta atopada afogada co seu rostro tapado? Os rostros cubertos, correspóndense a persoas invisibles á personalidade, ao carácter á expresión. Mais esta obra non é monótona, carente de vida senón que amosa unha forza invisible e ameazadora.
Óleo sobre lenzo, 80x60 cm. Fundación Thyssen-Bornemisza. Lugano
Esta é outra obra emblemática de Magritte. É unha pintura sinxela pero que ilustra o posicionamento artístico do pintor. Conta co rigor realista e o aspecto misterioso das mellores creacións do pintor belga. Este cadro amosa estrañas correspondencias entre o exterior e o interior entre a habitación e a paisaxe.
Óleo sobre lenzo, 13,5x16,5 cm. Col. Particular. Xenebra.
A primeira versión desta obra data de 1929 e atópase nun museo de Los Ángeles. É unha das obras clave na pintura de Magritte. “Isto non é unha pipa” será unha frase que terá éxito para estudos, mesmo para un ensaio do Michel Foucault que acompañaría de dúas cartas e catro debuxos do propio Magritte. E claro que non é unha pipa é tan so un lenzo, un cadro, unha pintura.
Óleo sobre lenzo, 64x50 cm. Col. Particular. Xenebra.
Esta é unha das variantes da Memoria de 1948 e probablemente a mellor versión rematada dunha das figuras preferidas polo pintor belga.A cabeza de mármore , aillada nun decorado arquitectónico, lembra a algunha do seu admirado De Chirico. Debemos lembra que a visión dalgunha das súas obras provocou en Magritte un cambio radical na súa pintura.
O mestre de escola, 1954
Óleo sobre lenzo, 81x60 cm. Col. Particular. Xenebra.
Este home con bombín e con abrigo negro xurde na obra de Magritte en 1920. Semella que foi unha das súas obsesións artísticas. É un home indiferente, impasible. Habitualmente pintouno só ou co seu dobre, case sempre de costas ao espectador, camiñando cara a algún misterioso destino.
As vacacións de Hegel, 1958
Bibliografía: Magritte. Catálogo de exposición. Madrid. Fundación Juan March, 1989.
5 comentarios:
Son unas obras muy interesantes.
Luis estas obras son a caña!!!
Hae opi sunt pulchrae.
Sara: xa llo contarei a Suni.
En realidad iba a poner que me molan mazo, pero supuse que quedaría muy vulgar, lo de "muy interesantes" es más finolis.
Pero, que carallo, ¡Molan mazo!
Publicar un comentario