19/3/08

Pazo de Meirás (I): devolución xa!!!

Iniciarte non ten como obxectivo prioritario loitar polo respecto ao patrimonio (material ou inmaterial) pero hai un tema que me afecta ata as entrañas.... o Pazo de Meirás.

Por fin onte produciuse unha desas novas que lle alegran a un o día (ver a noticia en La Voz de Galicia): o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga á familia Franco a tolerar a inspección de técnicos de patrimonio (que bo traballo está a realizar nesa Dirección Xeral o admirado Felipe Arias) no pazo. É o primeiro paso para declaralo Ben de Interese Cultural.

Non vos contarei toda a historia desta construción decimonónica (podedes vela no blog Sada digital), tal só lembrar que a proposta da “Junta local de iniciativas de La Coruña" (para que dicirvos por quen estaba composta) recadáronse, manu militari, 400.000 pesetas para adquirir o pazo (as leiras colindantes foron expropiadas).
Creo que fun o primeiro, hai xa moitos anos, en publicar (Fontes para o estudo da cidade. A Coruña do franquismo á democracia) o texto íntegro do pergameo polo que se lle facía entrega ao ditador do pazo en 1938. Un texto que remataba dicindo:

Galicia que le vio nacer, que oyó su voz el dieciocho de Julio, que le ofreció la sangre de sus hijos y el tesoro de sus entrañas, que le siguió por el camino del triunfo en la unidad, grandeza y libertad dela Patria, asocia en esta fecha, para siempre, el nombre de Franco a su solar, en tierras del Señor San Yago, como una gloria más que añadir a su historia

Podedes ver este video de Antena 3, do seu programa 360 grados no que se repasa a doazón do pazo e as propiedades dos Franco.

Tamén vos deixo outro documento sobre as propiedades da familia Franco. Lamento non poder citar a fonte de procedencia.

Hoxe comeza o camiño para a recuperación do patrimonio en Sada.

12 comentarios:

Sarinsky dijo...

No sabía que te afectara tanto este tema pero no te preocupes,inspira,ahora respira....¿mejor?

La verdad es que no entiendo la posición de la familia Franco,pero parece ser que todo esto va a cambiar,y por fin será declarado Bien de Interés Cultural.((un aplauso per favore))

Ronsel dijo...

Díxome unha amiga que o tempo pon as cousas no seu lugar. Quizais haxa que darlle a razón. O malo da historia é que é cíclica e iso dá un pouco de medo, non? ese non-aprender do ser humano...
Tes un blogue autenticamente marabilloso.

Antonio Martínez dijo...

Sara: este país aínda non rematou a Transición. Como pode haber unha Fundación Francisco Franco?, como pode seguir en o Val dos Caídos?, como o pazo de Meirás non propiedade galega?

Luis dijo...

Yo no me aventuraría a decir que el ser humano no aprende con el paso del tiempo, aunque viendo que argumentas una teoría que ya hicieron los griegos hace 2500 años, tal vez haya que darte la razón, e incluirte como ejemplo.

Con respecto al Pazo... el otro día tuve una discusión con mi tía y, por mucho que a ella le pese, me alegro de esta noticia.

Antonio Martínez dijo...

Ronsel:
Moitas grazas por ese inmerecido comentario. Vou aprendendo de todos vos.

Antonio Martínez dijo...

Benvido Luis:
Hai que dar caña con esta nova do Pazo de Meirás. Devolución xa!

Luis dijo...

Por cierto, mi comentario iba para ronsel.

Antonio, visita mi blog!

Antonio Martínez dijo...

Luis: xa o visito pero non me permite facer comentarios.

Loly dijo...

Así é, o tempo sempre acaba poñendo as cousas no seu sitio. Aínda que ás veces, e esta é unha delas, tarde tanto...
PAZO DE MEIRÁS: DEVOLUCIÓN XA!!

d:D´ dijo...

Sara: este país aínda non rematou a Transición. Como pode haber unha Fundación Francisco Franco?, como pode seguir en o Val dos Caídos?, como o pazo de Meirás non propiedade galega?

19/3/08 19:43


Esas parolas, de Antón, sonche a clave do asunto...

Esta é a istoria, e equí fica a verdadeira razón: namentres non se devolva este pazo ao pobo galaico non se escomenzará unha verdadeira democracia e remate da famosa transición. E nótase xa o mandato dos do Pp que cada vez que están no poder apuran demais o tempo cos outros, e aínda sonche capaces de sobrepasalo.


Derradeira nota sobor o pazo de marras:

La Xunta abre expediente a los Franco por el pazo de Meirás
El Ayuntamiento de Sada (A Coruña) denuncia que muchos turistas se lo encuentran cerrado a cal y canto los días que el BIC tiene que abrir al público por ley

SILVIA R. PONTEVEDRA
Santiago 6 MAR 2016 - 21:05

d:D´ dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
d:D´ dijo...

Enlace da noticia:

http://politica.elpais.com/politica/2016/03/05/actualidad/1457186110_384477.html

E aínda seguimos igual ou pior...
Unha vergonha que define quen goberna o país, eiquí e en Galiza